Unha aplicación galega entre os gañadores dos StartUp Games de Londres

A empresa galega 2Mares foi unha das entidades premiadas nos StartUp Games, as olimpíadas de empresas tecnolóxicas europeas que o goberno británico organiza para atraer a Londres a empresas do sector con gran potencial de crecemento. Este evento tivo lugar no parque olímpico e a TechCity londiniense coincidindo coa celebración dos xogos paralímpicos. A aplicación que resultou distinguida foi "Intellixente", unha solución para servizos de atención ao cliente escalables en Social Media.

n
n

nTras un proceso inicial de selección, ao que se presentaron máis de 500 empresas de 20 países, escolléronse 120 compañías que, durante tres días competiron presentando os seus produtos e tecnoloxía. Na avaliación participaron o director de adquisicións de Google, investidores de JPMOrgan ou Bloomberg Ventures e investidores e coaches seleccionados por UK Trade & Investment´s (UKTI´s), Tech City Investment Organisation (TCIO) e a organización StartUp Britain.
n
nPara 2Mares, este premio é un recoñecemento ao esforzo do equipo desta compañía nos dous últimos anos de traballo. Ademais, contribuíu para dar a coñecer a súa tecnoloxía e produto nun mercado como o de Reino Unido, establecendo contactos que serán de utilidade para construír un produto global e para reforzar a internacionalización da empresa.
n
n(Fonte: Innovamás)

n