Un traballador de Eulen gaña o II Concurso Fotográfico ‘Tecnoambiental’

Fernando Pérez Rodríguez, traballador da subcontrata Eulen en Tecnópole gañou o II Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', organizado polo Parque Tecnolóxico de Galicia con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, con 'O reflexo'.

n
n

 

n

A fotografía foi seleccionada, segundo o fallo do xurado, pola habilidade do autor para captar un momento tan excepcional cun enfoque orixinal. 

n

 

n

Nesta segunda edición do certame fotográfico, aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos da Tecnópole, requiríase que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías tivesen como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada co medio ambiente sempre que estivese localizado dentro do recinto da Tecnópole.

n

 

n

Fernándo Pérez, o gañador, recibirá un vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos.

n

 

n