Un traballador de Eulen gaña o II Concurso Fotográfico ‘Tecnoambiental’

Fernando Pérez Rodríguez, traballador da subcontrata Eulen en Tecnópole gañou o II Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, con 'O reflexo''.

n
n

 

n

A fotografía foi seleccionada, segundo a resolución do xurado, pola habilidade do autor para captar un momento tan excepcional cun enfoque orixinal.

n

 

n

Esta segunda edición do certame fotográfico, aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole, requiríase que, partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías tivesen como punto de referencia calquera obxecto ou ámbito relacionado co medio ambiente sempre que estivese localizado dentro do recinto de Tecnópole.

n

 

n

Fernando Pérez, o gañador, recibirá un vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos.

n

 

n

(Fonte: Tecnópole)

n

 

n