Un traballador de Coasa e dúas empregadas do CIS-Madeira gañan o III Concurso ‘Tecnoambiental’

Ricardo Escolano, traballador da empresa Coasa, é o gañador do III Concurso ‘Tecnoambiental’ na categoría de fotografía. A sección de vídeo, inaugurada este ano, tivo como vencedoras a Montserrat Rodríguez e Azahara Soilán, do CIS-Madeira. O concurso foi organizado por Tecnópole con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
n
nA fotografía, titulada ‘Tormenta eólica’, é unha imaxe en branco e negro que sobresae polo seu impacto visual e os contrastes de luz. Pola súa banda, o vídeo destacou pola súa orixinalidade e a súa capacidade para transmitir mensaxes positivas a favor do respecto ao medio ambiente.
n
n

Esta terceira edición do certame fotográfico, aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole, saldouse coa presentación de 29 traballos. Todas as fotografías están visibles nun álbum específico na galería de fotos da Tecnópole en Flickr. O vídeo gañador está dispoñible aquí.

n
nPartindo dun enfoque conceptual libre e aberto, requiríase que as fotografías tivesen como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada co medio ambiente sempre que estivese localizado dentro do recinto da Tecnópole.
n
nOs gañadores recibirán un vale de 100 euros por cada traballo seleccionado para a adquisición de accesorios fotográficos.
n
n(Fonte: Tecnópole)

n

 

n