Un total de 450 estudantes participan na primeira xornada do Espectáculo de ciencia ‘Raios e centellas!’

n

Un total de 450 estudantes participaron nas tres sesións celebradas hoxe na Tecnópole como inicio da xira do Espectáculo de ciencia ‘Raios e centellas!’, actividade programada para todo o mes de marzo logo do éxito colleitado por ‘Ciencia ou cinema?’ durante o mes de febreiro. Este espectáculo, promovido pola Consellería de Economía e Industria e organizado por Tecnópole e Fundación Barrié, chegará ao longo das próximas semanas a máis de 2000 rapaces e rapazas en Santiago, Ferrol, Lugo e Vigo, a maiores de Ourense.

n


n

 

n

n

Os participantes puideron achegarse dun xeito divertido e didáctico a un fenómeno moi presente nas nosas vidas: a electricidade. Mediante experimentos de grande espectacularidade fíxose un percorrido pola súa historia, así como polos principios físicos que rexen o seu comportamento.

n

 

n

Todas as demostracións foron realizadas con electricidade estática, o que garantiu que non existise ningún risco para os asistentes, que tiveron unha participación moi activa durante toda a sesión.

n

 

n

A práctica totalidade das experiencias xiraron en torno ao uso de dous dispositivos: un xerador Van der Graaf e unha bobina Tesla. O primeiro permitía cargar de electricidade tanto aos voluntarios como aos dispositivos usados nas demostracións e o segundo xeraba descargas de grandes dimensións que se visualizaban como enormes chispas.

n

 

n

Un dos voluntarios acendeu unha bombilla co naríz, outro apagou unha vela sen tocala e a outro puxéronselle os cabelos de punta por efecto da electricidade estática, entre outras experiencias electrizantes que remataron coa recreación dunha enorme tormenta de raios e centellas no interior do salón de actos da Tecnópole.

n

 

n

Ata o mes de maio

n

 

n

De aquí ao mes de maio celebraranse outros dous espectáculos diferentes en Ourense que tamén viaxarán por toda Galicia, un sobre forzas e enerxía e outro sobre maxia e química.

n

 

n

A iniciativa, que supón o inicio do programa de actividades conmemorativas do 20 aniversario da Tecnópole, enmárcanse na liña de actuación de desestacionalización das actividades de divulgación científica contemplada no Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento (i2C) 2011-2015, que ten como obxectivo promover a celebración de actividades de divulgación á marxe da Semana da Ciencia. 

n

 

n

No caso da Fundación Barrié, esta colaboración realízase no marco das actuacións de apoio á investigación, divulgación da ciencia e fomento de vocacións científicas entre a xuventude galega, que impulsa a Fundación a través de educaBarrié, a súa iniciativa para achegarse á comunidade educativa, activa en centros escolares das catro provincias desde o pasado mes de outubro (www.educabarrie.org).

n

 

n

Os ‘Espectáculos de ciencia’, que en total contarán coa participación de máis de 8.000 escolares, supoñen un reto importante para Tecnópole porque implican levar por primeira vez a súa actividade divulgativa a localidades de toda Galicia. As sesións están dirixidas a estudantes de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, adaptándose en cada caso os contidos ao nivel académico dos asistentes. 

n

 

n

O obxectivo desta experiencia é levar a ciencia da maneira máis didáctica e amena aos máis novos. Ao longo dos 50 minutos que dura cada sesión, os asistentes participan en experiencias espectaculares que son o vehículo para introducir conceptos científico-tecnolóxicos. Isto serve para espertar nos rapaces e rapazas, que asisten acompañados polos seus profesores, a curiosidade e a inquietude que nun futuro os poden orientar cara a carreira científica ou cara a actitudes e aptitudes de emprendemento innovador.

n

 

n

20 aniversario

n

 

n

Os ‘Espectáculos de ciencia’ son unha actividade organizada e executada polo Parque Tecnolóxico de Galicia con base na súa dilatada experiencia en iniciativas de divulgación da ciencia e da tecnoloxía. Ademais de abrir as súas portas de xeito continuado a grupos escolares, dende hai seis anos organiza a feira científica máis importante de Galicia: a ‘Galiciencia’, que foi medrando en prestixio ata converterse na súa última edición en actividade de referencia da Semana da Ciencia en España.

n

 

n

Esta é a primeira dunha serie de actividades deseñadas especialmente para conmemorar o 20 aniversario do Parque Tecnolóxico de Galicia, que se estenderán ao longo de todo o ano. Á marxe de diversas iniciativas dirixidas específicamente ao tecido empresarial e a todo o Sistema Galego de Innovación, esta programación inclúe un congreso de mentes innovadoras que coincidirá co mes no que se cumpren exactamente os vinte anos de actividade (setembro).

n

 

n

Fotografías do espectáculo picando aquí.

n

n

 

n