Un smartphone controlado pola manga da túa camisa

A división de Google ATAP é unha especialista en buscar novas formas de interacción entre os usuarios e os seus dispositivos. Así o demostraba onte presentando Project Soli e o protagonista desta noticia, Project Jacquard. Unha tecnoloxía que transforma a manga dunha camisa nun control táctil remoto.

Segundo ensinaron os de Mountain View no seu Google I/O, este tecido tería a peculiaridade de ser dunha gran condutividade sen deixar de ser fío. Isto permite que os fabricantes poidan utilizalo nas súas cadeas de montaxe ou fabricación de pezas sen ningún custo engadido.

Pero para que este fío funcione como un control táctil remoto, é necesario delimitar unha zona co fío condutible e conectar o fío a un dispositivo do tamaño dun botón. Ese dispositivo será o encargado de conectar o smartphone e o tecido, para que usuario poida utilizar a zona de tecido delimitada como o pad dun portátil.

A división Google ATAP parece empeñada en incluír novos xeitos de interactuar coas novas tecnoloxías. Haberá que ver cal de todas estas mecánicas evolucionan e se acaban por convencer aos usuarios finais.

(Fonte: EP)