O sistema de climatización mediante ventás con cámara de auga deseñado por dúas alumnas do Colexio Guillelme Brown de Ourense levou o primeiro premio da ‘Galiciencia 2010’, a feira científica organizada pola Tecnópole (Parque Tecnolóxico de Galicia). Este proxecto foi o gañador da categoría de 2º ciclo da ESO e gañador absoluto por impoñerse en puntuación aos dos outros dous equipos gañadores, o de 1º ciclo da ESO, formado por dúas alumnas do Colexio Alborada de Vigo, e o de Bacharelato, que foi para Guipúzcoa.
n
nt
n
ntCada un dos membros dos tres equipos gañadores levou un miniordenador portátil que no caso do primeiro premio absoluto se completa co financiamento do viaxe a outra feira científica de ámbito estatal.
n
nt
n
ntO obxectivo do proxecto gañador, presentado por Ana Esteban Baloira e Uxía Fernández Bustillo, é atopar un método mediante o cal se poida controlar a temperatura da estancia dunha vivenda usando auga nas ventás. Para isto utilízanse ventás con dobre cristal que darán lugar a unha cámara intermedia que se enche de auga. Dependendo da temperatura exterior, do grao de insolación e da tintura que se empregue no circuíto pódese modificar o confort da habitación.
n
nt
n
ntCoa clausura da ‘Galiciencia’ dase por rematada a Semana da Ciencia en Galicia, que supuxo a organización de deceas de actividades de divulgación nas catro provincias durante os últimos vinte días. Neste sentido, o director xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria, Ricardo Capilla, apuntou que o éxito destas iniciativas xustifica que desde o seu departamento se leve a cabo de cara ao futuro “un esforzo por desestacionalizar a divulgación da ciencia, da tecnoloxía e da innovación estendendo estes esforzos a todo o ano”, á marxe de que estes se intensifiquen durante a Semana da Ciencia no mes de novembro.
n
nt
n
ntCapilla estivo acompañado na clausura e na entrega de premios polo delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Rogelio Martínez, que animou aos participantes “a avanzar na súa faceta investigadora de cara ao futuro, sobre todo co obxectivo de traballar en proxectos aplicados que supoñan unha contribución á mellora da nosa calidade de vida”.
n
nt
n
ntOs outros dous gañadores
n
nt
n
ntOs proxectos premiados foron elixidos por un xurado experto entre os 17 proxectos procedentes de colexios da provincia de Ourense, 12 de Pontevedra, 9 da Coruña, 5 de Lugo, 5 de Cataluña e 2 do País Vasco. Todos eles estiveron expostos durante os últimos tres días no recinto da Tecnópole grazas ao patrocinio da Dirección Xeral de I+D+I da Consellería de Economía e Industria.
n
nt
n
ntPolo que respecta ao proxecto gañador do premio na categoría de 1º ciclo da ESO, consistiu na realización de medidas da resistividade dun material, a mina de lapis, formada por unha mestura de grafito con outras substancias. O traballo foi realizado por Paloma Bravo Bueno e Belén Martín de Vicente, do Colexio Las Acacias (Vigo).
n
nt
n
ntOs gañadores na categoría de Bacharelato foron Nuria Sánchez Monasterio e Andrea García Sagastibeltza, de La Anunciata Ikastetxea (Donostia, Guipúzcoa). O seu traballo consistiu na análise física, química e microbiolóxica da auga do río Zubitxo e a calidade da paisaxe dos seus arredores. Mediante este traballo determinouse que a recuperación ambiental non é unha utopía, senón unha realidade que coa axuda e o esforzo dos cidadáns e o Concello de Lezo poderase chegar a unha mellora deste ecosistema.
n
nt
n
ntMáis de 2.200 visitantes
n
nt
n
ntPola carpa da Galiciencia pasaron nos tres últimos días máis de 2.200 persoas, a maioría alumnos de colexios de toda Galicia. Ademais da mostra de proxectos, os visitantes puideron asistir ás sesións de ciencia divertida do divulgador Adolf Cortel que este ano, coincidindo co cincuenta aniversario do láser, realizou experimentos con potentes láseres de distintas cores.
n