Un sistema de baixo custo desenvolvido pola Universidade Tecnolóxica Nanyang (NTU, Singapur), baseado nos principios da vibración e de captación de imaxe, e que é capaz de seguir os movementos de varios dedos e dos obxectos, pode converter unha ventá de vidro, unha lousa ou mesmo unha mesa de madeira nunha superficie sensible, interactiva co tacto.
n
n
nAxustar este sistema nos televisores de pantalla plana existentes transformaraas en novas pantallas táctiles, a só unha fracción do custo das pantallas táctiles que se venden como tales, e que poden custar decenas de miles de dólares. Unha vez conectadas a un ordenador, as pantallas de televisión modificadas pódense usar de múltiples maneiras, mesmo como un encerado dixital para debuxar ou escribir.
n
nO profesor de NTU Andy Khong, que dirixiu a investigación, di que este sistema foi probado en diferentes tipos de superficies. "No futuro, poderá xogar a videoxogos ou debuxar bosquexos nas paredes ou as ventás, xa que case todas as superficies poderán facerse táctiles co noso sistema," asegura na nota de prensa da Universidade. As tecnoloxías desenvolvidas para o sistema xa deron lugar a varias publicacións académicas e patentes. Os últimos resultados da investigación foron publicados a principios deste mes na revista do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos (IEEE), a asociación profesional máis grande do mundo do sector.
n
n¿Como funciona?
n
nO sistema leva o nome de STATINA, e explota os principios de propagación de ondas vibratorias en superficies sólidas. Mediante o uso duns sensores de vibración de baixo custo e un algoritmo especialmente deseñado, o sistema pode determinar a situación dun lixeiro golpe en calquera superficie.
n
nCando está equipado ademais con cámaras web de baixo custo, este sistema tamén pode seguir os movementos de varios dedos ou obxectos en calquera superficie. Dado que as ondas de son se propagan a través da materia a certa velocidade, é posible derivar a situación do contacto baseándose en cando recolle o sinal cada sensor, agrega o profesor Khong.
n
nKhong e o seu equipo estiveron a traballar en STATINA os últimos catro anos. Agora están a traballar para comercializar a súa invención mediante o desenvolvemento dun sistema máis compacto e para ampliar as súas capacidades. Ata o momento, puxeron a proba o seu sistema en superficies como mesas de madeira, aluminio, aceiro, vidro e plásticos.
n
n(Fonte: Tendencias 21)