Trátase dun avance de aplicación tecnolóxica que achega unha solución real aos cambios que hai que realizar á maquinaria cando entra en fase unha nova familia de produto ou distintos modelos da mesma familia, e que permite a súa adaptación a distintas industrias e produtos, indican as mesmas fontes.
A iniciativa foi posible grazas ao proxecto de I+D+i “Desenvolvemento de ferramentas de deseño e prototipos de maquinaria reconfigurable para industrias manufectureiras, DIREM,”, financiado polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2008-2011, e cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, FEDER, da Unión Europea.
Robótica intelixente
Ao longo dos tres anos que durou a investigación, os especialistas desenvolveron o deseño e o prototipo dunha máquina reconfigurable que permite abordar unha produción flexible, e que admitirá produtos de distintos tamaños, calibres, e formas, mediante un sistema de visión artificial que informa ao sistema da multiplicidade de características das pezas sen necesidade de interromper a fabricación.
En concreto, fixéronse probas sobre a aplicación de adhesivos en equipos, pero a cela robotizada está preparada para a produción flexible en liña de calquera familia de produto como poden ser espellos ou taboleiros de madeira, entre outros. Ata o momento, a cela está a traballar sobre produtos en plano pero o seu próximo obxectivo é poder traballar sobre obxectos en 3D.
Iso foi posible grazas á achega da empresa valenciana especializada en robótica e automatización industrial, Hurtado Rivas, que transferiu todo o seu desenvolvemento na “robótica intelixente”, mediante o apoio de sensores externos ao propio robot (visión artificial), proporcionando ao sistema a información do entorno para reprogramar as traxectorias do brazo robótico.
(Fonte: Fedit)