Un robot capaz de transportar fármacos a unha célula canceríxena, mellor innovación do ano

Teñen menos de 35 anos, son españois e unha das universidades tecnolóxicas máis prestixiosas do mundo premiounos pola súa capacidade inventiva. Entre as ideas que desenvolveron, por exemplo, a dun diminuto robot que navega polo torrente sanguíneo e podería transportar medicamentos, ou unha ferramenta dixital que axuda a nenos disléxicos a ler con menor esforzo.

Nano robots do tamaño dunha bacteria que seinxectan no sangue e o médico dirixe o robot ata unha célula para que descargue un fármaco. Aínda que o pareza, non é ciencia ficción, a Samuel Sánchez concedeulle unha bolsa de estudos a Unión Europea para conseguilo a curto prazo. “Podemos dirixilo a unha célula canceríxena, chegar, aparafusalo, penetralo, para atacala,”, explica.

Como el, nove mozos investigadores españois máis foron premiados por desenvolver proxectos tecnolóxicos que cambiarán o noso estilo de vida. A robótica permitirá poder desempeñar funcións do día a día de xeito máis doado.

Durante catro anos unha cámara gravou a mirada dun grupo de alumnos con dislexia para descubrir que len máis devagar porque reciben impactos máis dispersos. Agora, Luz logrou adaptar os textos e creou unha aplicación que reduce o fracaso escolar. “Avaliámolo nun colexio con nenos de seis a once anos e para os que tiñan de nove a once presentaron melloras significativas na súa ortografía”.

Moi pronto o noso médico de cabeceira verá a nosa historia con lentes, do estilo das Google Glass, a roupa deportiva recomendaranos música para facer footing ou imprimiremos na casa a cunca do almorzo porque moi pronto a tecnoloxía será un atavío cotiá.

(Fonte: Antena 3)