Un radar agrupa as startups innovadoras de Galicia

Unha das claves para a expansión de pequenas empresas é dar co investidor adecuado que lle permita medrar. E as startup galegas contan xa coa ferramenta perfecta: un radar dinámico con información de cada unha delas, desenvolto por Linknovate, en colaboración con Startup Gal, o Clúster da Saúde e Bioga.

O radar de Linknovate permite a posibles investidores detectar aos principais actores do ecosistema de startups galego, en función dunha serie de parámetros; así, amosa máis de 60 iniciativas empresariais de nova creación, categorizadas por industrias e ordenadas segundo madurez, roldas de financiamento e tamaño. Ademais, inclúe unha ficha descritiva con información e ligazóns incorporando datos das persoas clave que hai detrás.

A razón de ser deste novo servizo está no rápido crecemento que está a experimentar o sector das startups na comunidade galega, unha rexión cun crecemento económico do 5,2% en 2021 e un PIB que ten un dos mellores comportamentos anuais en España, segundo datos do IGAPE. E a sinerxía entre axencias de innovación, centros tecnolóxicos, universidades e asociacións de startups está a facer dela unha rexión potente, o que se confirma con este novo radar.

Fonte: La Voz de Galicia