Un protector de pantalla permite recargar batería de móbil con enerxía solar

Non só é capaz de recargar unha batería completa en seis horas, senón que, ademais, pode ser utilizado para que vaia cargando a batería pouco a pouco a medida que esta se consume.

n
n

 

n

Seis horas de sol son suficientes para que o protector de pantalla WYSIPS xere a enerxía suficiente para recargar a batería dun móbil, segundo informa a web da empresa que desenvolveu este material.

n

 

n

Esquecer poñer a cargar o móbil deixará de ser un problema con este prototipo, cuxa saída ao mercado se prevé para 2012, que xera enerxía grazas á súa superficie fotovoltaica.

n

 

n

WYSIPS (What You See Is Photovoltaic Surface), das súas siglas en inglés "o que ves é unha superficie fotovoltaica", pódese superpoñer a calquera superficie sen deixar de ver o que hai debaixo, de maneira que o material actúa na absorción de enerxía solar sen cubrir o obxecto que envolve.

n

 

n

O dispositivo non só é capaz de recargar unha batería completa nunhas seis horas, senón que, ademais, pode ser utilizado para que vaia cargando a batería pouco a pouco a medida que esta se consume.

n

 

n

Segundo informan os responsables deste material na súa páxina web, a enerxía producida por dous mil millóns de teléfonos é equivalente ao que produce unha central nuclear enteira.

n

 

n

(Fonte: La Voz de Galicia)

n