Un piloto de carreiras, un cirurxián, unha coreógrafa e un árbitro de fútbol serán algúns dos relatores do TEDxGalicia 2012

Os dezaseis relatores do evento TEDxGalicia 2012, que terá lugar o 30 de novembro en Tecnópole, están xa a preparar as súas intervencións a partir do lema '¿ E se… ? '. Entre eles figuran o piloto de Fórmula 2 José Luis Abadín, o cirurxián pioneiro en operar o cancro de pulmón cunha pequena incisión Diego González Rivas, a coreógrafa e bailarina Silvia Montes e o único árbitro de fútbol galego na Primeira División, Ignacio Iglesias.

n
n

nEstes profesionais de tan diferentes ámbitos iranse sucedendo uns a outros en charlas de 18 minutos exactos nas que darán a coñecer a súa particular perspectiva da vida, incidindo en como afrontan os retos que asumen cada día. Con esta filosofía, o TEDxGalicia sae por primeira vez da capital galega con Tecnópole como anfitriona, movida pola vontade de compartir coñecemento e inspiración con motivo do seu 20 aniversario.
n
nCompletan o criadeiro de relatores a experta en innovación cultural Mónica Moure, o violonchelista Carlos García, o emprendedor tecnolóxico Andrés Mazaira, o comunicador Javier Cebreiros, o físico e divulgador científico Jorge Mira, o avogado experto en internet José Manuel Pérez, a deseñadora industrial Marta Falcón, o creativo Miguel Castro, a compositora e cantante Patricia Moon, o biólogo e artesán Pablo Carpintero, o enxeñeiro de Telecomunicacións Ricardo Capilla e a mestra de educación especial Fátima García.
n
nTED, que significa Tecnoloxía, Entretemento e Deseño, é un evento anual no que algúns dos pensadores e emprendedores máis importantes do mundo están invitados a compartir o que máis lles apaixona. O obxectivo para os asistentes é ter acceso a ideas que pagan a pena a través da experiencia doutras persoas que obtiveron éxito nalgunha faceta da súa vida.
n
nO evento celebrouse por primeira vez en California en 1984 e nel participaron ao longo dos anos figuras como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck e Bono (U2). Os conferenciantes do TED teñen que contar a súa historia do xeito máis atractivo posible e cunha limitación de tempo de 18 minutos.
n
nPosteriormente naceu TEDx, un programa de conferencias locais organizadas de forma independente que permite a un número limitado de persoas gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. Dende 2010 celébrase en Galicia baixo o nome TEDxGalicia e este ano, por primeira vez, incluirá a celebración do TEDxYouth, unha variante dirixida a rapaces e rapazas na que os relatores tamén son menores de idade e para a que a organización conseguiu a licenza recentemente, coa previsión de que se celebre tamén en Tecnópole o día antes do evento para adultos.
n
nMáis información www.tedxgalicia.com.
n
n(Fonte: Tecnópole e TEDxGalicia)

n