Un piloto de carreiras, un cirurxián, unha coreógrafa e un árbitro de fútbol serán algúns dos ponentes do TEDxGalicia 2012

Os dezaseis ponentes do evento TEDxGalicia 2012, que terá lugar o 30 de novembro na Tecnópole, están xa preparando as súas intervencións a partir do lema “E se… ?”. Entre eles figuran o piloto de Fórmula 2 José Luis Abadín, o cirurxián pioneiro en operar o cancro de pulmón cunha pequena incisión Diego González Rivas, a coreógrafa e bailarina Silvia Montes e o único árbitro de fútbol galego na Primeira División, Ignacio Iglesias.

n
n

n

 

n

Estes profesionais de tan diferentes ámbitos iranse sucedendo uns a outros en charlas de 18 minutos exactos nas que darán a coñecer a súa particular perspectiva da vida, incidindo en como afrontan os retos que asumen cada día. Con esta filosofía, o TEDxGalicia sae por primeira vez da capital galega coa Tecnópole como anfitriona, movida pola vontade de compartir coñecemento e inspiración con motivo do seu 20 aniversario.

n

 

n

Completan o plantel de ponentes a experta en innovación cultural Mónica Moure, o violonchelista Carlos García, o emprendedor tecnolóxico Andrés Mazaira, o comunicador Javier Cebreiros, o físico e divulgador científico Jorge Mira, o avogado experto en internet José Manuel Pérez, a deseñadora industrial Marta Falcón, o creativo Miguel Castro, a compositora e cantante Patricia Moon, o biólogo e artesán Pablo Carpintero, o enxeñeiro de Telecomunicacións Ricardo Capilla e a mestra de educación especial Fátima García. 

n

 

n

TED, que significa Tecnoloxía, Entretenemento e Deseño, é un evento anual no que algúns dos pensadores e emprendedores máis importantes do mundo están convidados a compartir o que máis lles apaixona. O obxectivo para os asistentes é ter acceso a ideas que pagan a pena a través da experiencia doutras persoas que obtiveron éxito nalgunha faceta da súa vida.

n

 

n

O evento celebrouse por primeira vez en California en 1984 e nel participaron ao longo dos anos persoeiros como Bill Clinton, Bill Gates, Jane Goodall, Frank Gehry, Paul Simon, Sir Richard Branson, Philippe Starck e Bono (U2). Os conferenciantes do TED teñen que contar a súa historia da maneira máis atractiva posible e cunha limitación de tempo de 18 minutos.

n

 

n

Posteriormente naceu TEDx, un programa de conferencias locais organizadas de forma independente que lle permite a un número limitado de persoas gozar dunha experiencia similar ás conferencias TED. Dende 2010 celébrase en Galicia baixo o nome TEDxGalicia e este ano, por primeira vez, incluirá a celebración do TEDxYouth, unha variante dirixida a rapaces e rapazas na que os ponentes tamén son menores de idade e para a que a organización conseguiu a licenza recentemente, coa previsión de que se celebre tamén na Tecnópole o día antes do evento para adultos.

n

 

n

Máis información en www.tedxgalicia.com.

n

n

 

n