Un paso máis preto da tan esperada patente europea

As pequenas e medianas empresas poderían beneficiarse en breve da posibilidade de rexistrar patentes de forma máis sinxela e barata, grazas a que os ministros de competitividade da Unión Europea deron luz verde a que 25 Estados membros cren unha patente unitaria. Esta decisión histórica permite enxergar o final do longo camiño lexislativo cara a unha patente europea.

n

A proposta foi aprobada por todos os Estados membros, coas excepcións de Italia e España, no Consello de Competitividade do pasado 10 de marzo conforme ao novo procedemento de cooperación reforzada.

n

 

n

A futura patente unitaria será válida de forma automática en todo o territorio dos Estados membros participantes no idioma no que se conceda. O concepto dunha única patente comunitaria xurdiu en 1949, pero dende entón resultou imposible que os Estados membros chegasen a un acordo ao respecto, sendo o idioma un dos principais puntos de discordia nas negociacións.

n

 

n

De conformidade coa autorización do Consello, os idiomas oficiais do novo sistema de patentes serían o inglés, o francés e o alemán, pero Italia e España optaron por quedar á marxe ao pretender a inclusión dos seus idiomas. Non obstante, o Tratado de Lisboa estipula que estes países terán a opción de incorporarse cando o desexen.

n

 

n

Os ministros confían en que o futuro sistema de patentes resulte máis racional e sexa de maior calidade co fin de impulsar o crecemento económico. O Comisario de Mercado Interior, Michel Barnier, declarou que a nova patente "reducirá unha debilidade inverosímil da competitividade europea".

n

 

n

O actual proceso europeo require o rexistro de patentes distintas en cada Estado membro e a súa tradución completa ao idioma de cada país, o que encarece considerablemente o custo de rexistrar unha patente. Na actualidade o seu custo é próximo aos 20.000 euros, unha cantidade 10 veces superior á necesaria nos Estados Unidos.

n

 

n

En suma, o fragmentado sistema de patentes vixente en Europa provoca a perda de entre 700 e 800 millóns de euros no sector comercial cada ano. Esta situación tamén xera efectos indirectos na capacidade de innovación e creatividade da investigación europea.

n

 

n

Cooperación reforzada

n

 

n

En febreiro de 2011 o Parlamento Europeo deu a súa aprobación a que os ministros recorresen ao sistema de 'cooperación reforzada' malia as protestas de Italia e España.

n

 

n

Conforme ao Tratado de Lisboa, pódese facer uso do procedemento de cooperación reforzada co fin de capacitar un grupo de Estados membros para adoptar regras comúns novas ante a imposibilidade de alcanzar un acordo europeo unánime. Tal procedemento unicamente se pode aplicar se así o autoriza o Consello, logo da proposta da Comisión, e unha vez o Parlamento Europeo deu o o seu consentimento. Trátase da segunda ocasión na que se aplica a cooperación reforzada (a primeira vez foi en 2010, cando se aprobou a lei do divorcio).

n

 

n

O procedemento de cooperación reforzada constitúe un último recurso ante procesos lexislativos paralizados dende hai longo tempo nos que a unanimidade resulta imposible.

n

 

n

O labor fundamental encamiñado á patente europea levouse a cabo durante a Presidencia belga, cando a Comisión emitiu unha proposta -concretamente en decembro de 2010- que abriu a porta ao procedemento de cooperación reforzada en aras dunha patente europea.

n

 

n

Este acontecemento foi aplaudido por numerosos empresarios e representantes das pemes. Jonathan Zuck, da Asociación para a Tecnoloxía Competitiva (ACT), declarou: "O apoio oficial á cooperación reforzada para a creación dunha patente europea representa sen lugar a dúbidas un avance importante para todas as empresas, empresarios, e en definitiva para o crecemento e a innovación. Non obstante, convén moderar o entusiasmo porque o camiño non está exento de impedimentos. Animamos a clase política a colaborar para superar os obstáculos restantes e achar solucións máis sinxelas para resolver os litixios relativos á nova patente europea".

n

 

n

Nas próximas semanas corresponde á Comisión emitir propostas detalladas acerca da patente.

n

 

n

(Fonte: Cordis)

n