Un ‘panel solar’ no interior do ollo para que os cegos vexan

Uns 'superlentes', un miniordenador e un microchip implantado baixo a retina. Con estes tres elementos, a Universidade de Standford (Estados Unidos) desenvolveu un sistema co que se poderá devolver a visión a persoas afectadas por dexeneración macular ou retinose.

n
n

nNon é o primeiro dispositivo electrónico que permite recrear imaxes para persoas cegas utilizando unha cámara que capta as imaxes que o ollo danado non vai e transmíteas cara a un implante no interior do ollo. Pero si é o único que elimina os aparatosos cables, baterías e antenas dos primeiros prototipos. Iso permitiralle ser un sistema máis lixeiro e doado de implantar.
n
nO segredo deste novo sistema é o implante, un microchip que contén pixeis fotovoltaicos, unha especie de panel solar microscópico. Funciona como as placas solares que se instalan nun tellado, convertendo a luz solar en enerxía eléctrica. Pero en lugar de utilizala para dar corrente a unha casa flúe cara ao interior da retina. Estimúlaa e envía a información visual ao cerebro.
n
nMaior resolución
n
nAs imaxes que capta a minicámara incorporada aos lentes, son procesadas e enviadas ao implante fotovoltaico con luz infravermella. Despois o implante converte a luz en enerxía eléctrica e estimula as neuronas da retina, enviando a información ao cerebro sen necesidade de cables. Cada unha das células fotovoltaicas é estimulada de forma individual polo que se pensa que se conseguirá unha imaxe con maior resolución que os outros dispositivos ensaiados.
n
nDe momento, este novo sistema só se probou no laboratorio, coas retinas de ratas ás que se lles destruíran os fotorreceptores do ollo, como acontece nas persoas que perden a visión por unha retinose. Os resultados publicáronse na revista Nature Photonics. O seguinte paso é probalas en ratas vivas.
n
n(Fonte: ABC)

n