Un microcoche do tamaño dun gran de area

n

n

Investigadores da Universidade Tecnolóxica de Viena desenvolveron un método de impresión en 3D co que poden crear esculturas tan pequenas como un gran de area nunha fracción do tempo que se requiría previamente, o que supón unha marca mundial de velocidade en nanotecnoloxía.

n

n

n

 

n

n

n

Para demostrar o proceso, os científicos crearon un modelo de coche de Fórmula 1 de 0.285 mm en só catro minutos. Non é só unha curiosidade científica. Segundo explican, os seus avances poden ser utilizados en campos como a medicina, para crear, por exemplo, instrumental diminuto.

n

 

n

O vídeo mostra o proceso de impresión en 3 D en tempo real. O feixe de láser produce ata 100 capas que constan de aproximadamente 200 liñas individuais cada unha. E só tarda catro minutos.

n

 

n

Os investigadores utilizaron unha técnica coñecida como litografía de dous fotóns, na que unha impresora 3D de altísima resolución permite a creación de esculturas tan pequenas como un gran de area, con formas de catedrais, pontes ou coches. «Ata agora, esta técnica adoitaba ser bastante lenta», di o profesor Jürgen Stampfl, do Instituto de Ciencia dos Materiais da Universidade de Tecnoloxía de Viena. «A velocidade de impresión antes medíase en milímetros por segundo, pero o noso equipo conseguiu levala a cinco metros por segundo», asegura. Toda unha marca mundial.

n

 

n

Este asombroso progreso foi posible grazas á combinación de varias ideas novas. A nanoimpresora utiliza unha resina líquida que se endurece naqueles lugares nos que se enfocou o láser. Ese punto focal é guiado por espellos móbiles. O resultado son pequenas esculturas de tan só uns microns de lonxitude.

n

 

n

Isto converte esta técnica en interesante para a industria. Os científicos austríacos están a desenvolver resinas biocompatibles para aplicacións médicas e a creación de tecidos biolóxicos.

n

 

n

(Fonte: ABC)

n

 

n

 

n

n

n

 

n