n
n
O laboratorio Estética Dental López, que ultima os trámites para comezar a construción da súa nave en Tecnópole, está a levar a cabo un proxecto solidario coa ONG portuguesa Mundo a Sorrir para ofrecer dez próteses dentais cada mes a persoas sen recursos.
n
n
n
n
n
n
Esta colaboración leva a cabo no marco do proxecto CASO (Proxecto Saúde para Sorrir – Centro de Apoio á Saúde Oral). Só en 2011 Mundo a Sorrir colocou 80 próteses dentais. Coa axuda de Dental López, que se converteu en mecenas do proxecto CASO, a ONG poderá continuar coidando da saúde oral dos beneficiarios.
n
n
O laboratorio de prótese Estética Dental López naceu en 2005 co obxectivo, entre outros, de poder abordar os traballos de maior complexidade no seu sector. A súa inminente instalación en Tecnópole débese aos seus proxectos de futuro no ámbito das próteses dentais.
n
n
(Fonte: Dental López)
n
n
n
n
n