Julio Rodríguez, investigador do Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) da Universidade de Vigo en Tecnópole, é o gañador do I Concurso Fotográfico 'Tecnoambiental', organizado por Parque Tecnolóxico de Galicia con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente.
n
nA fotografía titulada 'Enerxía' foi seleccionada, segundo o fallo do xurado, pola súa representación da convivencia respectuosa de Tecnópole coa súa contorna e a presenza dos elementos que interveñen na obtención de enerxías limpas. Na decisión tamén pesou, segundo os membros do xurado, que o encadre "está moi ben resolto, co valor engadido da acertada contextualización da imaxe".
n
nEsta primeira edición do certame fotográfico, aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole, saldouse coa presentación de 30 imaxes, todas elas visibles nun álbum específico na galería de fotos de Tecnópole en Flickr.
n
nPartindo dun enfoque conceptual libre e aberto, requiríase que as fotografías tivesen como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada co medio ambiente sempre que estivese localizado dentro do recinto de Tecnópole.
n
nJulio Rodríguez, o gañador, recibirá un vale de 100 euros para a adquisición de accesorios fotográficos.
n
n