Un estudiante da Universidade de Vigo, premiado por crear un teclado para discapacitados

O novo enxeñeiro da Universidade de Vigo Jonathan Juncal acaba de recibir un premio tras crear un teclado virtual que permite interactuar ás persoas con discapacidade. A Fundación Universia e a Fundación Vodafone galardoaron esta idea como o segundo mellor proxecto de fin de carreira de toda España.

n
n

nJuncal, orgulloso simplemente con chegar á final, competiu con máis de 40 proxectos presentados. Os 3000 euros do proxecto xa teñen destino, o doutorado de Enxeñería Telemática no que se acaba de matricular. Un dos directores do proxecto, Enrique Costa, sinala a importancia deste tipo de premios para dar visibilidade ao proxecto.
n
nA aplicación, que ten o nome de VirtualTEC, é unha aplicación gratuíta que busca mellorar a calidade de vida das persoas con necesidades especiais.
n
nAxudar a unha nena
n
nA idea xurdiu grazas a unha nena que cursa Educación Primaria no CEIP Seis de Nadal de Vigo, para a que Juncal buscou unha aplicación para tablets que lle permite interactuar cos que o rodean.
n
nAta o momento, a aplicación recibiu xa un total de 4253 descargas a través de Google Play e outras 186 activas, é dicir, de xente que o está a usar. A elas súmanse as outras 78 realizadas dende Accegal.
n
nDurante este tempo mellorouse no sistema para adaptarse ás necesidades dos usuarios con diferentes discapacidades. O programa pódese instalar en calquera tablet ou teléfono Android e ofrece diversas opcións de menú. A diferenza é que se aumentan os puntos de contacto e accesibilidade para que unha persoa con dificultades de movemento teña máis doado o seu acceso. Con este mecanismo poden acceder a letras, construír frases ou palabras e outros símbolos, de modo que poden expresar as súas emocións.
n
nEntre as vantaxes do menú figura unha opción para gardar os máis frecuentes, a posibilidade de traducir as accións a tres idiomas, galego, castelán e inglés ou de transformar o escrito nunha voz.
n
n(Fonte: La Voz de Galicia)

n