Un escáner de man para diagnosticar o cancro

Un equipo de científicos da Universidade de Harvard e do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts creou un aparato lector que pode detectar o cancro nunha hora.

n

"Aproveitamos o poder da nanotecnoloxía para obter avaliacións en tempo real", di César Castro, coautor do estudo e propietario da patente. "Non só pode ser utilizado para o diagnóstico, senón que tamén nos permitirá ver como o tumor está a responder ao tratamento", asegura o investigador.

n

 

n

O escáner de man "utiliza anticorpos e partículas magnéticas para buscar o cancro nas células que se extraen cunha agulla, en lugar de grandes cantidades de tecido extirpado cirurxicamente,", segundo recolle a revista Science Translational Medicine. Os resultados do diagnóstico pódense procesar a través dun teléfono como o iPhone ou dun ordenador, en tan só unha hora.

n

 

n

Polo xeral, unha biopsia utilízase para buscar o cancro, pero as probas teñen un 84% de precisión, mentres que o escáner de man alcanza o 96%, segundo os científicos.

n

 

n

Avance para o Terceiro Mundo

n

 

n

Debido á súa capacidade e baixo custo, o dispositivo adquiriría especial potencial nos países máis pobres, onde os médicos e os equipos de traballo son escasos. O dispositivo, do tamaño dun teléfono, é o máis pequeno do mundo para o diagnóstico de cancro.

n

 

n

E non é o último invento "revolucionario" de diagnóstico aparecido nas últimas semanas. O pasado mes de outubro un profesor da Universidade de Manchester (Reino Unido) presentou un escáner de cancro de mama que facía as probas de forma rápida e doada mediante ondas de radio. O aparato permitiría ás mulleres revisarse regularmente na súa propia casa.

n

 

n

Os resultados das probas tamén se obterían en tempo real. Todo o que debe facer a muller é somerxer o seu peito na base de exploración.

n

 

n

(Fonte: La Razón)

n