Un equipo de telediagnóstico cardiolóxico deseñado en Vigo fabricarase en Silicon Valley

A firma viguesa ImaxDi acaba de alcanzar un acordo coa compañía SMTC de San José (Silicon Valley) para a fabricación dun sistema de telediagnóstico, denominado MBeat, que desenvolveu despois de traballar con enxeñeiros de telecomunicacións e de informática da Universidade de Vigo e con cardiólogos do Hospital do Meixueiro.

n
n

nO resultado foi un sistema de última xeración que permite enviar a través de telefonía móbil, mesmo dende zonas con escasa cobertura as constantes dun paciente coronario.
n
n"Tardamos tres anos en desenvolver a idea en colaboración con centros tecnolóxicos galegos e co cardiólogo do Hospital do Meixueiro Andrés Íñiguez, pero o sistema xa está sendo utilizado no servizo de emerxencias de Canarias, sinala o presidente de ImaxDi, Miguel Moure.
n
nO MBeat permite aos especialistas que acoden a unha emerxencia sanitaria colocar os 12 sensores bluetooth no corpo do paciente e transmitir o smartphone, tablet ou ordenador do especialista as constantes vitais dun infartado directamente ao cardiólogo.
n
nCon este sistema conséguese que nas emerxencias cardiolóxicas se reduzan os tempos de intervención, diminúa o tamaño do infarto e se acurte o tempo de hospitalización.
n
n"Se a unha persoa lle dá un infarto na bisbarra do Morrazo, a ambulancia trasládao ao Centro Médico Povisa onde é avaliado. Se o seu caso é moi grave derívase o Hospital do Meixueiro, coa conseguinte perda de tempo. O MBeat permitirá que o cardiólogo adopte unha decisión correcta con todos os datos no seu poder e decida onde debe ser atendido, co conseguinte aforro de tempo,", explica Moure.
n
nTelediagnóstico en tempo real
n
nO sistema componse dun conxuntos de sensores para a captura ubicua de sinais biomédicas que permitan o telediagnóstico en tempo real. Os 12 sensores permiten emitir 500 mostras por segundo e o sistema compleméntase cun pulsioxímetro, un termómetro dixital e un esfigmomanómetro (tensiómetro) dixital.
n
n"Ata agora transmitíase a monotorización dun paciente, pero non se lograra transmitir á vez 12 derivacións en tempo real. O software que desenvolvemos na nosa empresa fixo posible isto", afirma o presidente de ImaxDi.
n
nA firma viguesa xa solicitou a patente en Estados Unidos para proceder á súa fabricación conxuntamente con SMTC de San José (Silicon Valley), compañía que todos os anos selecciona dúas empresas de todo o mundo coas que colabora e esta vez elixiu a viguesa ImaxDi.
n
n¿Por que se fabrica en Silicon Valley e non en Galicia? A esta pregunta Miguel Moure responde que ao tratarse dun sistema médico que alta precisión necesítanse fábricas con controis de garantía e calidade mundiais. "SNTC tenos porque traballa neste tipo de equipos, co que aforramos moito tempo en permisos. Ademais trátase dunha empresa recoñecida en Estados Unidos que cotiza na Bolsa de Nova York", asegura Moure.
n
nVarias multinacionais, cuxos nomes non quere facer públicos, interesáronse polo MBeat para producilos e comercializalos baixo as súas marcas.
n
n(Fonte: Faro de Vigo)

n