Un enxeñeiro xubilado de Talgo nomeado ao Premio ao Inventor Europeo 2013

O enxeñeiro ferroviario José Luis López Gómez, xubilado da firma española Talgo, foi nomeado pola Oficina Europea de Patentes (OEP) ao Premio ao Inventor Europeo 2013 por un sistema de suspensión de rodas que mellora as viaxes en trens de alta velocidade. O método permite que o vagón e as rodas se adapten automaticamente ás pendentes e as curvas e aplícase hoxe en todos os talgos.

n
n

nSegundo a OEP, este premio "rende homenaxe a aqueles inventores cuxos logros son exemplos da innovación necesaria" para un desenvolvemento económico, tecnolóxico e social en Europa". Os premios serán outorgados o 28 de maio en Ámsterdam (Holanda).
n
nO invento de López Gómez permite ás rodas de ferrocarril manter en todo momento unha posición óptima e segura nos raís. Este é un elemento de especial relevancia en países onde os trens de alta velocidade atravesan rexións montañosas en trazados curvos. Para facer fronte ao terreo ondulado, as rodas do talgo móntanse de forma individual en vez de estar unidas por un eixe, sinala a Oficina Europea de Patentes.
n
nO desenvolvemento, patentado en 2007 por López Gómez, permite que o vagón e as rodas se adapten automaticamente ás pendentes e as curvas, e evita que os pasaxeiros noten as forzas que tiran do tren mentres se move por unha curva. Grazas á innovación de López Gómez, é posible detectar a velocidade exacta á que xira unha roda e calcular de forma precisa qué sección está en contacto co raíl. Isto fai que a viaxe en tren de alta velocidade sexa máis cómoda, segura e silenciosa, especialmente á entrada ou saída dunha curva: "En Francia, os trens Talgo son coñecidos como trens silenciosos", di López Gómez.
n
nVehículos de roda libre
n
nSegundo explica este enxeñeiro, trátase dun método que se aplica a vehículos de roda libre, fronte aos de eixe montado. Nos primeiros, as rodas xiran de forma independente, sen relación entre elas. É a técnica que se aplica hoxe en todos os talgos.
n
nO invento utiliza un sistema electrónico que detecta os momentos nos que as rodas se desvían da súa posición óptima no raíl. Ademais, inclúe un dispositivo mecánico automático que as move e coloca en posición central, sinala. "Cando xiran, a propia forza centrífuga fai que as rodas do tren se movan cara aos extremos do raíl, desviándoas da súa posición óptima,", engade López Gómez. Debido á súa superficie cónica -máis pequena por dentro que por fóra-, a roda contacta o raíl cunha circunferencia maior na parte exterior. Así se cobre unha distancia de xiro maior rodando á mesma velocidade que a parte interior e facilítase o movemento nas curvas.
n
nTecnoloxía precisa
n
n"A invención utiliza unha precisa tecnoloxía computacional que detecta a velocidade de rotación da roda do tren e despois calcula onde contacta co raíl. Cando a roda se desvía da súa posición óptima, un sistema mecánico automático móvea de volta ao o seu mellor punto de contacto", di o enxeñeiro.
n
nA OEP sinala que tras 40 anos traballando no desenvolvemento da tecnoloxía do produtor de trens de alta velocidade líder en España, o inventor burgalés participou en numerosos proxectos de investigación e de desenvolvemento, contribuíndo de forma importante as innovadoras tecnoloxías de Talgo. Desempeñou un papel esencial en varias patentes. O seu método de optimización das dinámicas de dirección de vehículos ferroviarios está entre os seus maiores logros, segundo o destacado xurado internacional do Premio ao Inventor Europeo 2013.
n
nEsta tecnoloxía diríxese a un mercado de rápido crecemento: entre 2008 e 2011 a frota operativa mundial de Talgo pasou de 1737 trens de alta velocidade a 2517. Entre 2009 e 2011, o número de quilómetros de vías asignadas a trens de Talgo creceu de 10.700 a 17.000. Calcúlase que en 2014 a frota global de Talgo contará con máis de 3700 unidades, que funcionarán nunha rede de vías que alcanzarán os 43.000 quilómetros en todo o mundo. Os talgos operan en Francia, Suíza, Italia, Portugal, Kazajistán, Canadá e EEUU.
n
n(Fonte: SINC)
n

n