Un dron sancionador vixiará en verán as estradas galegas

Un dron sancionador chega estas vacacións estivais a Galicia con motivo da Operación Especial de Tráfico de Verán 2021 que desenvolverá a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) nas estradas galegas. Esta campaña pretende asegurar todos e cada un dos 8,6 millóns de desprazamentos que previsiblemente se farán de xullo a agosto.

Ata que chegue setembro, efectuaranse un total de 680.000 controis vencellados á velocidade e outros 120.000 de alcoholemia. Do mesmo xeito, un conxunto de 270 radares repartiranse pola autonomía, así como un helicóptero e un innovador dron que poderá sancionar, a gran novidade desta campaña.

Pode detectar faltas claras

Sobre o novo dispositivo, a coordinadora da DXT na comunidade, Victoria Gómez, explicou que aínda que “non ten radar incorporado” sí que “pode detectar infraccións claras”, tal como a non utilización do cinto e mesmo aqueles adiantamentos ilegais.

Fonte: El Correo Gallego