Así, entre os inventos destacados atopa “Drone Hopper”, o primeiro dron deseñado para actuar na extinción de incendios forestais inventado polo enxeñeiro aeronáutico e emprendedor madrileño Pablo Flores. Trátase dun avance tecnolóxico que supón un funcionamento de baixo custo e co que se pretende evitar poñer en risco, e salvar a vida de bombeiros, pilotos e persoal de rescate en incendios. Durante 2016 foi gañador de varios recoñecementos como Valor Seguro dos Premios ONE, e o premio da European Satellite Navigation Competition (ESNC).
“OtoHelix”, do médico e inventor barcelonés Daniel Nahra é un dispositivo para uso doméstico e profesional deseñado para realizar a limpeza da canle auditiva de forma eficiente sen causar danos no tímpano. A súa innovación aproveita o Principio de parafuso de Arquímedes no seu cepillo en forma helicoidal que xira coidadosamente conseguindo retirar maior cantidade de cerume en menor tempo e sen perigo para o oído.
Así mesmo, na lista tamén se atopa “Neuronita” é un kit educativo desenvolvido por David Ruana. Un sistema de neurociencias composto por obxectos, actividades e metodoloxías específicas para cada etapa de crecemento entre os 0 e os 3 anos de idade. Ruana traballou cun equipo interdisciplinar composto por psicólogos, educadores, investigadores en neurociencias, e programadores de software para a construción destes kits co propósito de previr o fracaso escolar a partir da construción dunha base sólida da aprendizaxe na etapa infantil. Actualmente, máis de 2000 escolas están a aplicar o programa de actividades de “Neuronita”.
Tamén se atopa entre os inventos españois do ano. “Power+” é un sistema de iluminación para mandos a distancia inventado por José Martín e Pilar Irañeta.
(Fonte: El Ideal Gallego)