Últimos días para inscribirse no Foro Transfiere

O Foro Transfiere, o primeiro foro europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, pecha o seu prazo de inscrición o próximo 7 de xaneiro. Este evento celebrarase en Málaga os días 8 e 9 de febreiro e na súa organización participa a APTE.

n
n

 

n

'Transfiere' toma como base para a súa creación a nova Lei da Ciencia e aposta pola transferencia do coñecemento como xerme básico para o desenvolvemento económico en tempos de crise e, así, impulsar a posición de España como Ecosistema de Innovación europeo.

n

 

n

Os asistentes ao evento serán representantes dos principais sectores económicos -agroalimentario, enerxético, ambiental, sanitario, de infraestruturas e transportes, de telecomunicacións e de turismo e servizos-, dos que estarán presentes tanto científicos e tecnólogos como integrantes destacados do sector empresarial.

n

 

n

Para conseguilo, o encontro deseñouse en torno a un grande espazo de networking no que estarán presentes os axentes impulsores da innovación de cada sector que poderán celebrar encontros B2B, cara a cara, presentar comunicacións e proxectos en exposicións orais, exhibir os seus modelos en áreas de exposición e pechar proxectos nunha zona social para os encontros fóra de axenda.

n

 

n

'Transfiere', o primeiro Foro Europeo para a Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, está promovida polos principais axentes do coñecemento e do ámbito empresarial: AMETIC, ANCES, Andalucía Tech, APTE, CRUE, Concello de Málaga, CTA, ETICOM, FEDIT, IASP, Xunta de Andalucía, Málaga Valley, Ministerio de Ciencia e Innovación, RETA e UMA.

n

 

n

Para saber máis sobre o Foro Transfiere, pique aquí.

n

 

n

(Fonte: APTE)