Últimas prazas para participar no coworking forestal no CIS-Madeira

O coworking para proxectos relacionados co sector da madeira e o forestal ten aínda dispoñibles as súas últimas prazas. Cunha duración de cinco meses, o programa contará con actividades que axudarán aos emprendedores a avaliar a súa idea de negocio, formalos en novos campos e aumentar as súas posibilidades de éxito.

O CIS-Madeira, situado en Tecnópole, será a sede central deste coworking, que incluirá talleres prácticos, un demoday (presentación ante investidores) e sesións mentorización ou networking, entre outras actividades.

Ademais, os participantes terán todas as súas necesidades cubertas (zonas comúns, sala de reunións, wifi, etc.), dado que a actividade é gratuíta. O obxectivo fundamental é aumentar as posibilidades de éxito de proxectos innovadores e facilitar a obtención de apoio para poñer en marcha estes proxectos en pouco tempo.

Estas actividades están destinadas, principalmente, a emprendedores cunha idea de negocio sen desenvolver ou cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento (iniciado non máis de 6 meses antes da súa participación no espazo de coworking) así como a estudantes ou novos titulados que se queiran preparar para o mercado laboral a través do emprendemento.

A inscrición pode realizarse en cwmadeira@eoi.es ou no teléfono 986 419 922 (extensión 2029).

Este coworking enmárcase no programa GO2WORK, promovido pola Escola de Organización Industrial (EOI) e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), para favorecer o emprendemento en sectores estratéxicos para Galicia.

Máis información.