Telefónica, unha das maiores compañías de telecomunicacións do mundo con presenza en 21 países en Europa e Latinoamérica, patrocina a Zona 3.14 de Foro Transfire, espazo práctico dedicado a pemes, EBTs, start-ups, e grupos de investigación para fomentar competencias emprendedoras que posibiliten levar ao mercado ideas de negocio, proxectos novidosos e liñas de investigación innovadoras.
Pola súa parte, a entrada en 2015 de Airbus Group, unha das maiores corporacións do sector aeronáutico e aeroespacial a nivel mundial, coincide coa incorporación deste sector no foro, que por primeira vez contará cunha zona específica.
A multinacional Clarke, Modet & Co.Intelectual achegará o coñecemento no desenvolvemento de estratexias para a protección e explotación dos dereitos de Propiedade Industrial e Intelectual en procesos de investigación e transferencia de coñecemento en grandes e pequenas empresas.
Colaboradores
Entre as entidades colaboradoras da cuarta edición do Foro Transfire atópanse a Asociación de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE), o Parque Tecnológico de Andalucía (PTA), Topdigital e Escuela de Organización Industrial (EOI), que prestan o seu apoio na realización deste encontro. O proxecto conta co cofinanciamento de fondos FEDER europeos.
(Fonte: Axencias)