Top avances tecnolóxicos do mundo rural

As novas tecnoloxías avanzan a un paso impresionante. Nada nin ninguén logra paralas, polo que cada vez están presentes en máis ámbitos da vida doméstica, laboral ou no ocio. Dentro do terreo do laboral, hai un sector da poboación que se está a ver notablemente impulsado nos últimos anos: o mundo rural.

O sector primario da agricultura, a minería e a gandería non parece, a simple vista, que teña moito que ver con tecnoloxías como robots ou drons, pero nada máis lonxe da realidade. Dun tempo a agora, os desenvolvedores tecnolóxicos estanse a centrar en crear máquinas – e mesmo aplicacións – que faciliten levar a cabo calquera destes oficios, ademais de que así tamén achegan tecnoloxías máis populares nas grandes urbes ás zonas onde aínda non se popularizaron (ou, polo menos, non tanto).

A tecnoloxía vai collendo forma e cor e xa se empezan a enxergar os primeiros usos deste tipo de aparatos. ¿Será o futuro? É pronto para afirmalo con certeza, pero parece estar claro que chegou para quedar, senón que llelo digan a algúns dos avances tecnolóxicos máis impresionantes que xa puidemos ver facendo acto de presenza no mundo rural.

Un dron para controlar insecticidas e herbicidas

Os drons ofrecen múltiples opcións dentro do mundo da agricultura. A súa capacidade para sobrevoar os campos de forma rápida e de obter información sobre os cultivos de xeito eficaz grazas aos seus sensores e á súa cámara integrada (de tela) fan que teña moito futuro dentro do sector.

Unha das cousas que poden facer estes aparatos é controlar o tema das pragas, así como o estado dos cultivos. O dron Yamaha RMAX leva funcionando décadas en Xapón como medida de prevención ante o envellecemento da poboación rural e dedícase explicitamente a soltar insecticidas e fertilizantes. Está presente nun 50% dos arrozais do país, aproximadamente, e exportouse tamén a outros países como Corea do Sur e Australia.

Apps agropecuarias

Aínda que non resulten tan rechamantes como un dron ou un robot, as aplicacións para móbiles están a modernizar substancialmente o ámbito rural, facilitando aos traballadores o aspecto da organización, tanto á hora de levar o rexistro do seu gando (enfermidades, partos, anos de vida, etc.) como á hora de levar un estrito control de que se ten plantado, onde e cando se debe recoller, por exemplo.

Nunha época na que o traballo deste tipo non é apenas contemplado polos mozos e cando a poboación envellece substancialmente, ter aplicacións na palma da túa man que permitan modernizar todo de forma sinxela e rápida, é un grande aliciente para atraer novos traballadores do sector.

Unha destas aplicacións é Control Gandeiro, a cal permite manexar o gando dun terreo produtor de leite ou de carne. Nela pódese ver información do que se produce e dos animais, todo iso individualizado. Saber a idade, a dieta, os partos, as vacinas, etc., é esencial para que un gandeiro desempeñe a súa función coa máxima produtividade posible e esta ‘app’ facilita moito o labor.

Outra das aplicacións é FarmLogs, encargada de almacenar información sobre os cultivos: temperatura da terra, previsións, chuvias, de que está composto o terreo, xestión de produción, etc.

Un robot para controlar o gando

Australia ten o gran problema de que os seus terreos de gandería e agricultura son pouco máis que inmensos. No caso da gandería, ademais, corre o perigo de que algún animal se extravíe se falamos de zonas grandes, polo que extremar as precaucións non está de máis.

O Centro Australiano para a Robótica do Campo (CAIP) desenvolveu SwagBot, ademais de facer xa as primeiras probas con el, un robot cuxa finalidade é clara: axudar e supervisar na cría de animais a baixo custo.

Un dron para controlar as ovellas

En Nova Zelandia é moi típico utilizar cabalos para controlar grandes gandos en grandes terreos, así como vehículos tipo todoterreo para ir vixiando como se atopan os animais e ir guiándoos no camiño, de ser necesario. Estas dúas opcións teñen o inconveniente de que, por un lado, o cabalo se cansa e faise maior, ao igual que hai que darlle de comer, e, por outro, a gasolina do coche é un gasto que non sae precisamente barato.

Un home do país creou o seu propio dron con catro hélices e catro rotores. A máquina é capaz de facer o traballo do cabalo nun tempo bastante reducido e encárgase de guiar as ovellas debido a que pensan que van ser atacadas polo aparato se está a menos de un metro de distancia.

Un robot para coidar leitugas

Si, os robots para coidar leitugas existen e son bastante máis útiles do que un pode chegar a pensar. O Lettuce Bot, que así se chama esta máquina, está desenvolvida pola compañía Blue River e ten a mesma finalidade que outros do estilo: axudar a coidar o campo de cultivo e dar un impulso á agricultura rural, modernizándoa no proceso.

Basicamente, este robot extrae as plantas non desexadas dos cultivos, deixando máis marxe para que as leitugas crezan correctamente. Ademais, aplica herbicidas só ás sementes, co que o crecemento da leituga é máis natural.

Vehículos automatizados para granxas

Os vehículos autónomos como o de Google están en pleno auxe e a súa tecnoloxía nunha investigación constante, polo que non é de estrañar que todo tipo de vehículos autónomos chegaran ás granxas (tractores, cultivadoras, etc.).

Os cultivos son un grande ambiente para poñer a proba as capacidades de autonomía, xa que non se trata de terreos con moitos obstáculos a medias nin, en xeral, con moitos desniveis profundos. Tractores autónomos están en funcionamento por todo o mundo, xa sexa a través de control remoto ou simplemente indicando o plan de actuación. Son capaces de arar, facer sucos ou recolectar certos produtos, polo que se poden usar en moitas facetas da agricultura

(Fonte: EP)