Este profesor da Universidade de Stanford cre que o gran segredo e o éxito dos parques tecnolóxicos é que "a xente se atopa cómoda con asumir riscos e fracasar, e nunca se personaliza un erro. Fanse varios intentos e, se non funcionan, próbase outra cousa".
n
n
nA súa ilusión era ser profesor, e conseguiuno con 40 anos cando empezou a impartir clases na Universidade de Stanford, en California. Pero ata entón, Tom Byers dedicábase a emprender proxectos, "unhas veces con éxito e outras non". Fundou a compañía Symantec, dedicada a software para a seguridade informática, que entrou no mercado nun momento no que os virus dixitais comezaron a ser importantes.
n
nByers prepara a emprendedores no campo da tecnoloxía para que traballen e investiguen no parque de Silicon Valley, e un dos coñecementos que máis inculca aos seus alumnos é que se tomen os erros como unha experiencia de aprendizaxe, non como algo negativo: "Se non hai fracaso, quizais non te estás a arriscar o suficiente", insiste Byers.
n
nO experto en formación cre que o gran segredo do éxito do parque tecnolóxico é que "a xente se atopa cómoda con asumir riscos e fracasar, e nunca se personaliza un erro". É como os científicos nun laboratorio, que "fan varios intentos e, se non funcionan, proban outra cousa". Byers pensa que "se se fai con honor e dignidade, o fracaso é unha oportunidade" para aprender".
n
nA educación é un factor determinante na formación dun emprendedor. "Hai 20 anos, uns marabillosos heroes da educación comezaron a ensinar técnicas de emprendemento empresarial, e convertéronse nunha parte fundamental dos MBA", afirma Byers. Stanford, Harvard e IE University son bos exemplos de centros formativos, segundo o profesor. Ensínaselles como comercializar bens e servizos, a traballar en equipo e habilidades para comunicarse. "Son elementos que considero importantes", apunta Byers.
n
nComo é lóxico, é máis doado comercializar produtos que son necesarios, e "o que fan as grandes empresas é buscar analxésicos que resolvan os problemas dos clientes e que se vendan por si sós". Con eles, a mercadotecnia é mínima porque presentan a solución a un problema dun target específico. Byers conta que o obxectivo é motivar os emprendedores para que atopen este tipo de oportunidades e cren as grandes empresas, "que crecen e son boas para todo".
n
nO profesor de Stanford opina que "algúns emprendedores nacen, pero a maioría fanse". Mark Zuckerberg, o fundador de Facebook, é un exemplo claro de emprendedor que nace, segundo Byers. "Tivémolo en clase e era obvio que tiña algo especial", comenta.
n
nO éxito dun estudante non radica na súa traxectoria académica. Byers asegura que "ser un emprendedor non é unha profesión, senón unha forma de vida, e unha mentalidade", e o balance dun empresario debe facerse a partir dos cinco anos de iniciar un negocio ou de entrar nunha compañía.
n
nFamilia emprendedora
n
n"Na miña familia corre o ADN emprendedor", manifesta Byers. Todos están involucrados no sector empresarial. Un dos seus irmáns é analista de capital risco, e traballou para Amazon e Google, e o outro é "o seu heroe, un grande emprendedor".
n
nByers sente a súa profesión "moi importante e satisfactoria", e o seu reto é compaxinala coa súa vida privada. "Cando che gusta tanto o teu traballo, o difícil é deterte e desconectar", conclúe.
n
n(Fonte: Expansión)