Non é o copiloto o que lle fala, é o seu móbil. Pero non só para orientalo, búscalle a gasolineira próxima máis barata, avísao de onde hai unha rúa cortada ou advírtelle de que se vai atopar cun radar. Pero tamén lle di en que sitio exacto deixou onte á noite o coche aparcado e mesmo que ten gardado na guanteira.
n
n
nAs aplicacións para teléfonos móbiles avanzados ou smartphones, que empezaron a desenvolverse por todas as compañías a gran velocidade polo boom do iPhone, atoparon nos condutores uns fieis seguidores e un grupo interesante de clientes aos que fidelizar ofrecéndolles axuda, á vez que maior seguridade. Pero ademais das aplis, os propios aparatos xa están deseñados pensando nas persoas que van ao volante. Algunhas compañías inclúen na maioría dos seus modelos sistemas que permiten, ademais de contestar chamadas só con voz, mandar sms que se ditan, e mesmo lle len ao condutor os que recibe mentres está ao volante. E, deseguido, contéstanllos.
n
nA industria informática sacou ao mercado decenas de aplicacións útiles para condutores nos últimos anos. Unha trintena delas sobreviven con éxito. O seu obxectivo, facilitar a vida ao condutor ao volante e promover a seguridade. O mercado do denominado mobile márketing moveu o ano pasado 63 millóns de euros en España, cifra que inclúe todo tipo de campañas e gastos que unha compañía fai de cara ao móbil, segundo os datos da Mobile Marketing Association. Deste investimento, o 26% destínase a aplicacións para estes aparatos, e ao sector da automoción van 8,4 millóns (o 13,4% do total).
n
nAs autoaplicacións son perfectas para despistados e persoas ocupadas que non teñen tempo de mirar os traxectos ou gasolineiras con tempo, ou para os preguiceiros. Pero ao punto práctico que teñen todas elas únense outros obxectivos, como o solidario: rexistrar os problemas de acceso das estradas, as zonas de fochas, as rúas cortadas…. Isto fano as aplicacións que perseguen crear redes sociais de condutores que permiten intercambiarse información entre os usuarios. Unha das primeiras autoaplicacións que calou entre as persoas motorizadas (aparte das do GPS) é a que axuda aos esquecedizos a atopar o seu coche. Unha vez aparcado rexístrase o lugar abrindo a aplicación, e ao día seguinte non hai máis que miralo. Comercialízase, como case todas, para os aparatos de todas as compañías -iparking (para iPhone), Car Parking (Android), Car Finder (Blackberry)…-. Son moitas as aplis que fan a función GPS, como Google Maps Navigation (Android), Tom Tom App (iPhone) e Ovi Maps (Nokia).
n
nXestión por voz
n
nÁ parte destas aplicacións, tamén hai que resaltar as funcións que achega o propio teléfono, segundo Jesús Redondo, director de Marketing de Windows Phone en España. "A posibilidade de xestionar o móbil a través da voz é realmente útil cando conduces", explica este experto. "Por exemplo, se recibes un sms avísate a través do Bluetooth, podes lelo e respondelo ou chamar. A aplicación recoñece a voz e respóndese cunha mensaxe de voz que se converte en texto e se envía só. O mesmo se fai para xerar unha mensaxe: coa voz escóllese a quen da lista de contactos se quere mandar e o proceso de envío dunha mensaxe é o mesmo".
n
n"No caso de Windows Phone hai un botón central que activa automaticamente a xestión por voz ao mantelo pulsado, non hai que andar rastrexando botóns para poñelo en marcha. Polo tanto, as xestións máis habituais están realmente cubertas con isto, porque o que máis se fai ao volante é mandar mensaxes curtas e xerar unha chamada,", explica.
n
nE sen necesidade de aprendizaxe. "É moi sinxelo: 'chamar a' ou 'enviar unha mensaxe a'. E cando chega unha mensaxe actívase automaticamente a voz e lecha. Cando se usa a través do Bluetooth, simplemente con darlle ao botón de chamada xa se activa só o sistema. E o mesmo: chega a mensaxe e lecha. Ademais, non ten un gasto adicional porque non implica ningún extra", sinala. Non todos os teléfonos xestionan as mensaxes curtas. Os máis utilizados con sistema Windows Phone, que si a teñen, son o Nokia Lumia 800, 710, 610 (que se lanza agora) e o HTC Radar.
n
nProblemas de rendibilidade
n
nArredor do 60% das aplicacións que saen ao mercado non acaban de ser rendibles. Explícao Eduardo Fernández, experto en aplicacións para o móbil de todos os sectores e director xeral de Lumata, unha compañía que se dedica a facer márketing para móbiles (teléfonos e tabletas). "O problema é que o valor non remata necesariamente relacionado coa marca. Duran entre 15 e 20 días despois de baixala, logo déixanse de usar", sinala Fernández.
n
n"Estanse a mover moito tamén as compañías de venda de vehículos para dar a coñecer os coches que teñen e os prezos aos que os ofrecen. Tamén se xera un mercado de segunda man a través dunha aplicación. É unha información útil para a empresa porque algunhas teñen usuarios", explica o director xeral de Lumata. "Porque ao usuario hai que coñecelo", opina. "É a extensión dixital do consumidor; se non o coñeces, a aplicación perde valor, porque non sabes o que vai usando e necesitando", incide.
n
nDesta clase é a plataforma AutoScout24, que conta ademais cunha aplicación para iPad que permite acceder ás ofertas de vehículos usados, ordenar os resultados en función das preferencias do usuario e gardar os favoritos para consultalos posteriormente, en Internet ou no caderno de notas. Esta empresa tamén desenvolveu unha aplicación para que os concesionarios poidan mostrar un a un os seus coches en Facebook.
n
nEntre as aplis que crean rede social -é dicir, elaboran unha base de datos coa información que achegan os usuarios- está Waze, que sinala onde hai atoamentos, obras ou rúas cortadas. Desta clase, pero de pagamento, tamén están Phantom Alert e Trapster. "Téndese sobre todo a ligar este tipo de aplicacións cos programas de fidelización, premiando, por exemplo, con puntos se se usa a aplicación. De feito, nós intentamos fidelizar ao usuario coas compañías, a través do móbil, das aplicacións,", conclúe este experto.
n
nHai autoaplis que axudan a atopar unha gasolineira próxima, pero que ademais permiten buscar unha marca de combustible concreta ou, mesmo, ver o seu prezo nos diversos establecementos. É o caso de Gas Genius (iPhone), Gasolineiras España (Android) ou Drive Gain, unha aplicación de pagamento que rexistra o modelo de coche, analiza a forma de conducir e o consumo e fai suxestións sobre como ser máis eficiente ao volante para aforrar gasolina. Road Trip (iPhone) é similar, analiza tamén o consumo.
n
nA Mobile Marketing Association prevé que o investimento en mobile márketing en España se dispare ata os 166 millóns de euros en 2013. Posibilidades hai. Como exemplo, na cidade norteamericana de San Francisco os condutores xa usan unha aplicación, a SFpark (iPhone e Android) que lles di onde hai ocos libres nas rúas para aparcar. Porque o tempo do condutor é gasolina.
n
n(Fonte: El País)