Televisores solares, a última innovación para a África máis rural

Nas rexións máis rurais de Kenya, a partir de agora, poderán estar informados do que pasa no resto do mundo. A empresa M-Kopa Solar fixo posible a chegada da televisión a aquelas zonas máis pobres e agrarias de África, tras lanzar a primeira pantalla plana de televisión dixital que funciona con enerxía solar.

Esta tecnoloxía fará realidade o soño de millóns de kenyanos de ter televisión. M-Kopa ademais, facilita un produto moi económico e diferentes plans de pagamento. O obxectivo é achegar a pequena pantalla ao maior número de familias posible, dunha poboación que supera os 44 millóns de habitantes.

Actualmente as persoas que teñen acceso á televisión neste país africano non superan o 31%, deixando un 69% de keniatas que non poden permitirse ter un dispositivo destas características. Os televisores son produtos de luxo, ao alcance dunha minoría, case sempre instalada en núcleos urbanos como poden ser a capital Nairobi, Mombasa, Nakuru ou Kisumu.

Ser propietario dunha televisión en Kenya significa estar conectado co mundo, enganchados á información. Tradicionalmente os cidadáns deste país pagaban por vela nunha cafetería ou un bar, ou directamente perdíase os eventos e as noticias de actualidade. M-Kopa pretende romper con iso e achegar á sociedade máis desfavorecida a televisión en propiedade, factor que pode cambiar a vida a moitas persoas.

A empresa kenyana con sede en Nairobi ten como obxectivo implantar decenas de miles de unidades do produto antes de finalizar o ano. O plan de pagamento esténdese a través de dous anos, unha vez finalizado, o cliente obtén a televisión e o paquete de enerxía solar directa en propiedade e poden gozar diso sen necesidade de pagar ningunha outra factura.

¿Como é o produto?

O paquete que presenta M-Kopa inclúe un panel fotovoltaico de 20 W, unha televisión dixital de 16 polgadas, dúas luces, unha lanterna, un cargador de teléfono e unha radio. Todo iso está dispoñible cun custo diario de 125 KES (xilíns keniatas), equivalente a 1,10 euros.

Isto axuda a achegar a televisión dixital de xeito alcanzable e accesible por primeira vez para millóns de persoas. De feito, está en camiño para conectar un millón de fogares aos seus sistemas de enerxía solar a finais de 2017. Suporá un cambio fundamental para as audiencias de televisión de Kenya contribuíndo a unha nova economía baseada na enerxía limpa incluíndo os grupos poboacionais máis pobres da rexión.

M-Kopa amplía deste xeito a súa gama de produtos, ofrece solucións solares de alta calidade ao alcance de todas as economías, comercializa sistemas domésticos mediante pagamento a través do móbil.

(Fonte: Las Provincias)