O concepto de teléfonos modulares anunciado o pasado outubro por Motorola cada vez está máis preto de ser unha realidade. Recentemente, o CEO de Motorola, Dennis Woodside confirmou que o prototipo do teléfono modular do Proyect Ara está "moi preto" de ser completado e que cada persoa poderá personalizar a funcionalidade do seu teléfono.
n
n
nProyect Ara, anunciado o pasado outubro por Motorola, é unha plataforma de 'hardware' para que calquera desenvolvedor fabrique os módulos dun teléfono e os usuarios os escollan e constrúan a pracer. Tras unha conversación do CEO de Motorola cun Youtuber, Marques Brownlee, confirmouse que este proxecto non só servirá para que cada persoa elixa a cor do seu teléfono modular, senón tamén as características que se queiran.
n
nA compañía está a invitar aquelas persoas interesadas no proxecto a inscribirse para probar os prototipos e así axudar a finalizar o traballo, algo parecido ao que fixo Google cos seus Google Glass.
n
n(Fonte: Europa Press)