Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

Tecnópole alíñase cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) que constitúen un chamamento universal á acción para poñer fin á pobreza, protexer o planeta e mellorar as vidas e as perspectivas das persoas en todo o mundo.
En 2015, todos os Estados Membros das Nacións Unidas aprobaron 17 Obxectivos como parte da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, na cal se establece un plan para alcanzar os Obxectivos en 15 anos. O ano 2020 marcou o inicio dunha década de acción ambiciosa co fin de alcanzar os Obxectivos para 2030.
Dentro do ámbito da divulgación científico -tecnolóxica Tecnópole, a través de todas as súas actividades de divulgación científica, céntrase sobre todo na necesidade de actuar para empoderar ás mulleres e as nenas e garantir unha educación de calidade.
Tecnópole conta cunha ampla experiencia no ámbito da divulgación científica debido ás actividades que vén desenvolvendo desde hai máis de 17 anos.
A aposta firme de Tecnópole polas actividades de divulgación científica de calidade está avalada polo éxito da Galiciencia, Aulas Tecnópole, STEAM Kids Tecnópole, T2W, Ciencia e Tecnoloxía en feminino e Aula Newton Galicia, seis actividades de divulgación científico-tecnolóxica permanentes dirixidas a mozos e mozas de toda Galicia co obxectivo principal de promover as vocacións científicas e o espírito emprendedor.
Todas as actividades de divulgación científica que o Parque Tecnolóxico de Galicia leva a cabo impactan directamente sobre 2 dos 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da ONU:

4. Educación de calidade. Forma e atrae talento fomentando o espírito emprendedor entre os máis novos mediante a Galiciencia (XVII), Aulas Tecnópole (XII), STEAM Kids Tecnópole (VII), Campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole (X), Ciencia e tecnoloxía en feminino (IV) e Aula Newton Galicia (I)

5. Igualdade de xénero. Potenciar a igualdade de xéneros e de oportunidades empoderando ás máis novas mediante as actividades de divulgación científico-tecnolóxica como: Galiciencia (XVII), Aulas Tecnópole (XII), STEAM Kids Tecnópole (VII), Campamento tecnolóxico de verán de Tecnópole (X), Ciencia e tecnoloxía en feminino (IV) e Aula Newton Galicia (I)
Interésache
Faite residente
Descubre todo o que Tecnópole pode ofrecerche para axudar á túa empresa a crecer