Tecnópole tramitará as candidaturas das súas empresas e centros ao premio ‘Sello Innovación 2009’

O prazo para que as empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole opten ao ‘Sello Innovación 2009’ acaba de abrir o pasado luns 28 de setembro. Ata o 5 de outubro, a Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE), promotora da iniciativa, recibirá as candidaturas por mediación das entidades ás que representa.? ?

O premio ‘Sello Innovación 2009’ é un recoñecemento de APTE, co apoio do Ministerio de Ciencia e Innovación, á colaboración entre empresas e infraestruturas de I+D.

?A distinción conta con dúas modalidades. Por un lado premiarase á infraestructura de I+D situada nun parque que desenvolvese un amplo número de aplicacións para o tecido empresarial (empresas ou entidades situadas ou non no parque) e, por outro, á empresa situada nun parque que establecese maior número de colaboracións con infraestruturas de I+D de dentro e fóra dos parques, que tivesen como resultado a incorporación dos seus desenvolvementos á actividade da empresa.? 

?Segundo APTE, trátase, polo tanto, de valorar tanto o desenvolvemento de coñecemento aplicable como tamén o investimento privado en I+D.  Concederanse dous únicos premios en metálico, de 1000 euros cada un, a unha empresa e a unha infraestrutura de I+D situadas nun Parque Científico e Tecnolóxico, ademais de dous accésits, consistentes nun diploma acreditativo, aos segundos e terceiros clasificados en cada unha das modalidades.? ?

Os premios entregaranse durante a Conferencia Internacional da APTE que se celebrará do 10 ao 12 de novembro en San Cugat del Vallès (Barcelona) e que estará organizada por Esadecreápolis.?