Tecnópole súmase á celebración do Día das Letras Galegas lanzando a busca do mellor refrán

Tecnópole súmase este ano á celebración do Día das Letras Galegas, dedicado ao poeta lugués Manuel María, lanzando un concurso para buscar o mellor refrán en galego, no que se podrá participar vía Twitter ou correo electrónico.

O concurso, aberto a todas as persoas que traballan no Parque Tecnolóxico de Galicia, consiste en enviar o refrán preferido en galego a través da canle de Tecnópole en Twitter, precedido da referencia #omellorefrán, ou ao mail isabel@tecnopole.es. Valoraranse especialmente a sonoridade, o significado e a orixinalidade.

O prazo remata o 13 de maio e o gañador, que recibirá como premio un libro de Manuel María, darase a coñecer o día 16.