Tecnópole súmase á celebración do 50 aniversario do Polígono de San Cibrao poñendo un stand ao dispor das empresas de xeito gratuíto

Tecnópole contará cun stand propio na mostra que se celebrará en Expourense os días 1 e 2 de abril con motivo da celebración do 50 aniversario do Polígono de San Cibrao das Viñas baixo o título “O Polígono nunca visto”. As empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia poderán compartir este espazo expositivo de xeito gratuíto comunicando o seu interese con anticipación.

As empresas interesadas deben poñerse en contacto con Sabela Bouzo (sabela@tecnopole.es) para facer a súa proposta de produtos ou servizos a promocionar no stand e deseñar conxuntamente a maneira máis atractiva de presentalos ao público.

O stand proporcionará tamén información sobre a Tecnópole e as actividades que a entidade organiza, ademais dunha charla de divulgación científica para dar a coñecer as súas iniciativas neste eido.