Tecnópole súmase á celebración do 50 aniversario do Polígono de San Cibrao cun stand a disposición das empresas de xeito gratuíto

Tecnópole contará cun stand propio na mostra que se celebrará en Expourense os días 1 e 2 de abril con motivo da celebración do 50 aniversario do Polígono de San Cibrao das Viñas baixo o título “O Polígono nunca visto”. As empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia poderán compartir este espazo expositivo de xeito gratuíto comunicando o seu interese con anticipación.

As empresas interesadas deben poñerse en contacto con Sabela Bouzo (sabela@tecnopole.es) para facer a súa proposta de produtos ou servizos a promocionar no stand e deseñar conxuntamente o xeito máis atractivo de presentalos ao público.

O stand proporcionará tamén información sobre Tecnópole e as actividades que a entidade organiza, ademais dunha charla de divulgación científica para dar a coñecer as súas iniciativas neste campo.

(Fonte: Tecnópole)