Tecnópole revalídase como caso de éxito estatal polo establecemento de colaboracións empresariais con tres polígonos industriais galegos

n

Tecnópole -Parque Tecnolóxico de Galicia- volveu ser referente en 2010 do Programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT), logo de que a súa experiencia de colaboración cos polígonos de San Cibrao das Viñas (Ourense) e Sabón e Bergondo (A Coruña) fose elixida xa en 2009 como caso de éxito entre todas as levadas a cabo en España. 

n


n

 

n

n

n

A previsión é que en 2011 se repita este recoñecemento dado que dos encontros de traballo organizados entre empresarios e centros tecnolóxicos das catro entidades saíron xa dous proxectos de alto impacto, un integrado e outro europeo, relativos a procesos e materiais no ámbito das enerxías renovables.

n

 

n

Esta mañá tivo lugar unha nova videoconferencia para afondar en novos acordos de colaboración que lle dá continuidade á reunión celebrada na Tecnópole hai uns días, na que participaron representantes de empresas e centros tecnolóxicos. En concreto, nese encontro presencial participaron investigadores do Centro de Investigación Transferencia e Innovación (CITI), do Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) e da empresa Gaélica Solar con representantes de empresas de distintos sectores de actividade do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas. 

n

 

n

Durante a reunión compartiron demandas e intereses concretos en aspectos como a ozonización para a desinfección e limpeza de produtos perecedeiros do sector alimentario e a esterilización e desodorización no transporte de alimentos. Os investigadores do CTC explicaron as súas técnicas de envasado e os do CITI faláronlles ás empresas sobre e os seus estudos acerca do comportamento dos produtos frescos e a súa conservación mediante altas presións.

n

 

n

Como acción inicial de extensión deste intercambio de información aos polígonos da provincia da Coruña, na videoconferencia de hoxe a empresa de Tecnópole Gaélica Solar, especializada en técnicas de ozonización, entrou en contacto con empresas de Sabón e Bergondo.

n

 

n

Dende 2009

n

 

n

A participación de Tecnópole no programa estatal COPIT iniciouse no ano 2009 e materializouse en varias sesións de traballo entre tecnólogos e empresarios do Parque Tecnolóxico de Galicia con empresarios dos polígonos de Sabón e San Cibrao. Posteriormente, uniuse á iniciativa galega o polígono de Bergondo e Tecnópole traballa para que outras entidades industriais se sumen co obxectivo de aumentar o potencial de interrelación entre as súas empresas e centros tecnolóxicos co resto do tecido galego.

n

 

n

As sesións que se realizan no marco do proxecto teñen sempre carácter temático e celébranse vía videoconferencia –a non ser que sexan entre axentes da mesma área- para cumprir así un dos principais obxectivos do programa: que a distancia xeográfica non sexa unha barreira para establecer un primeiro contacto entre empresas galegas con intereses comúns e posibilidades de mellorar a súa competitividade grazas á cooperación de base tecnolóxica.

n

 

n

Esta iniciativa estase a levar a cabo en toda España a través de 20 parques científicos e tecnolóxicos e 28 polígonos industriais, que buscan mellorar a competitividade das empresas e centros tecnolóxicos situados nestes recintos a través de fórmulas de cooperación entre eles.

n

 

n

O Programa está financiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio mediante fondos FEDER e nel colaboran a Asociación Española de Parques Científicos y Tecnológicos de España (APTE), a Coordinadora Española de Polígonos Industriales (CEPE), a Escuela de Organización Industrial (EOI) e a Empresa Nacional de Innovación (ENISA).

n

 

n

n

n

 

n