Tecnópole reunirá de novo no seu tradicional magosto traballadores, familiares e amigos

Todos os traballadores das empresas, entidades e a sociedade xestora do Parque Tecnolóxico de Galicia están convocados o próximo 7 de novembro ás 19 horas na parte traseira do Edificio CEI para celebrar unha nova edición do Magosto Tecnópole.

n
n

nÁ celebración, que ten lugar dende hai xa sete anos como actividade de convivencia, están invitados tamén os familiares e amigos dos traballadores. Para asistir soamente é necesario enviar un correo antes do 5 de novembro a isabel@tecnopole.es, co fin de que a previsión de asistencia sexa o máis axustada posible á realidade e a ninguén lle falten castañas asadas, viño e chourizos.
n
nDado o éxito de participación rexistrado o ano pasado, o magosto reedita o seu concurso de doces (pasteis, bicas, etc.), no que pode participar calquera dos asistentes.

n