Tecnópole renova as súas Certificacións en Calidade e Medio Ambiente e promove un código de boas prácticas

As auditorías realizadas por Bureau Veritas durante o mes de xaneiro en Tecnópole concluíron coa renovación das certificacións que xa en 2007 a fixeron pioneira no ámbito dos parques empresariais en materia de calidade e medio ambiente: a Certificación de calidade UNE-EN ISO 9001:2000, a Certificación de medio ambiente UNE-EN ISO 14001:2004 e o recoñecemento de cumprimento do Regulamento EMAS.
n
nUnha das novidades que reforzaron esta aposta no ámbito medioambiental durante o exercicio de 2008 foi a colocación no edificio central (CEI) de papeleiras para a correcta segregación dos residuos sólidos urbanos e un contedor de pilas.
n
nPara o ano 2009 formuláronse diversos obxectivos ambientais baseados sobre todo en potenciar o papel dinamizador de Tecnópole neste ámbito entre os demais recintos empresariais de Galicia e nas empresas que operan desde as súas instalacións. Ademais de seguir realizando accións, xornadas e cursos, levaranse a cabo campañas de sensibilización ambiental e servizos de diagnóstico ambiental orientados ás empresas, accións que poderán influír de maneira positiva na mellora da súa xestión ambiental.
n
nNeste sentido, será moi importante a difusión entre as empresas da guía de boas prácticas medioambientais promovida por Tecnópole, na que se recomenda:

n1. Reducir, reutilizar e reciclar o máximo posible.
n
n2. Consumir a enerxía necesaria sen dilapidar.
n
n3. Non utilizar o automóbil cando non sexa necesario. Utilizar o transporte público.
n
n4. Separar os residuos e depositalos nos contedores adecuados.
n
n5. Depositar os residuos perigosos nos contedores adecuados.
n
n6. Non imprimir se non é necesario. Utilizar o correo electrónico.
n
n7. Non utilizar indiscriminadamente o sumidoiro para desfacerse de desperdicios.
n
n8. O ruído tamén é unha forma de contaminación. Intentar minimizalo.
n
n9. Practicar medidas de aforro de auga.
n
n10. Non utilizar produtos agresivos co medio ambiente.
n
nO decálogo acompáñase de recomendacións máis exhaustivas sobre o adecuado uso da iluminación, a auga, os equipos informáticos, o aire acondicionado e a calefacción e medidas adecuadas de xestión de contaminación e residuos e consumo de produtos, todas elas dispoñibles nesta páxina web.