Tecnópole renova a súa certificación de calidade na xestión conforme á norma ISO 9001

Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de renovar a súa certificación de calidade na xestión conforme á norma ISO 9001:2008, un recoñecemento oficial ás súas boas prácticas que a entidade obtivo por primeira vez en 2007.

Unha exhaustiva auditoría acredita a xestión de Tecnópole nos ámbitos da promoción de niños e parcelas para o desenvolvemento da actividade empresarial, a prestación de servizos de apoio a empresas, o fomento de actividades de innovación tecnolóxica e a xestión, explotación e mantemento de servizos e espazos comúns.

Tecnópole foi no seu momento pioneira na obtención desta certificación no ámbito dos parques científicos e tecnolóxicos en España e ao longo dos últimos anos varias entidades españolas e estranxeiras interesáronse polo seu modelo de xestión para importar as súas boas prácticas.

(Fonte: Tecnópole)