Tecnópole renova a súa adhesión ao sistema europeo de xestión medioambiental

n

Parque Tecnolóxico de Galicia – Tecnópole vén de renovar a súa adhesión ao sistema europeo de xestión e auditoría medioambiental (Regulamento EMAS), un procedemento voluntario que acredita unha xestión excelente das políticas de protección do medio ambiente e que esixe a superación de estrictos controis cada tres anos, trámite que a Tecnópole acaba de pasar hai dúas semanas con éxito.

n

n

 

n

n

Esta acreditación súmase a certificación medioambiental UNE-EN ISO 14001 que, xunto coa certificación de calidade UNE-EN ISO 9001, converteu en 2007 ao Parque Tecnolóxico de Galicia en pioneiro neste ámbito entre as entidades do seu ramo en España, con sucesivas renovacións positivas.

n

 

n

O compromiso da Tecnópole co medio ambiente materialízase ademais mediante unha activa política de concienciación entre as súas empresas, como o demostra a difusión dunha guía de boas prácticas que inclúe recomendacións exhaustivas sobre o adecuado uso da iluminación, a auga, os equipos informáticos, o aire acondicionado e a calefacción e medidas adecuadas de xestión de contaminación e residuos e consumo de produtos.

n

 

n

A isto súmase a organización de xornadas coma a que terá lugar mañá no recinto do Parque Tecnolóxico baixo o título ‘Desenvolvemento sostible e empresa’, en colaboración coa Cámara de Comercio de Ourense. O obxectivo desta iniciativa é achegar aos empresarios as novas políticas de medio ambiente, como as referidas á xestión de residuos, a simplificación dos trámites e esixencias medioambientais ou os usos da auga.

n

 

n

Nela intervirán o director executivo do Observatorio da Sustentabilidade de España, Luis Jiménez Herrero; a subdirectora xeral de Residuos e Solos Contaminados da Xunta de Galicia, Verónica Tellado Barcia; e o director de Augas de Galicia, Francisco Menéndez Iglesias.

n

 

n

Concurso de foto e vídeo

n

 

n

Ademais, a Tecnópole celebra o Día Mundial do Medio Ambiente convocando a terceira edición do seu Concurso 'Tecnoambiental', aberto á participación de todos os traballadores das empresas e centros tecnolóxicos de Tecnópole ata o 22 de xuño e que este ano suma á categoría de mellor foto a de mellor vídeo.

n

 

n

Partindo dun enfoque conceptual libre e aberto, as fotografías e vídeos deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou ámbito relacionado co medio ambiente sempre que estea localizado dentro do recinto de Tecnópole.

n

 

n

n

 

n