Parque Tecnolóxico de Galicia acaba de renovar a súa adhesión ao sistema europeo de xestión e auditoría medioambiental (Regulamento EMAS), un procedemento voluntario que acredita unha xestión excelente das políticas de protección do medio ambiente e que esixe a superación de estritos controis cada tres anos, trámite que Tecnópole acaba de pasar esta mesma semana con éxito.
n
n
nEsta acreditación súmase á certificación medioambiental UNE-EN ISO 14001 que, xunto coa certificación de calidade UNE-EN ISO 9001, converteu en 2007 ao Parque Tecnolóxico de Galicia en pioneiro neste ámbito entre as entidades do seu ramo en España, con sucesivas renovacións positivas.
n
nO compromiso de Tecnópole co medio ambiente materialízase ademais mediante unha activa política de concienciación entre as súas empresas, como o demostra a difusión dunha guía de boas prácticas que inclúe recomendacións exhaustivas sobre o adecuado uso da iluminación, a auga, os equipos informáticos, o aire acondicionado e a calefacción e medidas correctas de xestión de contaminación e residuos e consumo de produtos.
n
n
n
n