Tecnópole presenta o seu Laboratorio de Biotecnoloxía durante a xornada sobre agroalimentación sustentable organizada por ENVITE e PTGAL

Tecnópole presentará o seu servizo de Laboratorio de Biotecnoloxía na xornada 'Agroalimentación sustentable: oportunidades de negocio e financiamento' que terá lugar na sede de FEUGA (Santiago de Compostela) o próximo 28 de xuño. A xornada está organizada pola Plataforma Tecnolóxica Galega de Medio ambiente (ENVITE) en colaboración coa Plataforma Tecnolóxica Galega Agroalimentaria (PTGAL).

n
n

nNo evento daranse a coñecer iniciativas innovadoras para o crecemento da industria agroalimentaria nun contexto económico complexo caracterizado pola escaseza de recursos e un marcado desequilibrio entre produción e demanda.
n
nA intervención de Tecnópole centrarase en presentar aos asistentes o seu Laboratorio de Biotecnoloxía, unha instalación dotada cos máis modernos equipamentos a disposición de empresas e centros de coñecemento. Este servizo constitúe unha iniciativa sen precedentes para facilitar o acceso a tecnoloxía necesaria no desenvolvemento de actividades de I+D+i centradas no sector bio baixo unhas condicións de uso moi vantaxosas
n
nAdemais, na xornada presentaranse a convocatoria europea KBBE, o informe de intelixencia ENVITE-PTGAL, as ferramentas de networking e o panel de capacidades de I+D+i, nos que se poderán expoñer as liñas de traballo dos centros de investigación galegos, así como as ideas de proxecto que se estean a dinamizar en relación ás temáticas da xornada. Á súa vez, as empresas con proxectos candidatables aos programas de financiamento do CDTI poderán presentalos aos seus técnicos en reunións bilaterais (Rolda CDTI).
n
nO boletín de inscrición debe enviarse ao enderezo electrónico info@envite.org ou ao número de fax 981 524 454 antes do 26 de xuño.
n
n(Fonte: Tecnópole e FEUGA)

n