Esta instalación, situada no edificio intelixente Tecnópole I, conta con 67 metros cadrados de superficie e tres metros de altura dispoñibles para o almacenamento de información confidencial, máis unha oficina anexa. Os sistemas de acceso e de seguridade son de última tecnoloxía, ao mesmo nivel que os utilizados en bancos, xoierías e administracións de lotería, por exemplo. Os paneis da cámara acoirazada, selados mediante soldadura eléctrica, están testados e certificados nos niveis máximos de seguridade.
Conta cunha porta acoirazada con trampón de emerxencia e mecanismo de peche con dobre chave de seguridade e combinación electrónica tanto para a porta principal como para o trampón, ademais da posibilidade de acceder con lector de pegada.
O búnker conta cun sistema individual de climatización para garantir a idónea conservación da documentación e un sistema propio de extinción de incendios.
A solicitude do servizo pode tramitarse a través do formulario electrónico dispoñible aquí.
(Fonte: Tecnópole)