Parque Tecnolóxico de Galicia publica hoxe a súa primeira edición do boletín online quincenal aberto á subscrición da comunidade innovadora, pensado tanto para as empresas e centros que operan desde Tecnópole como para todos os axentes interesados na actualidade da institución e noutros temas relacionados con axudas á innovación empresarial, novas tecnoloxías, políticas de I+D+I, etc.
n
A subscrición ao boletín pode realizarse desde a web de Tecnópole, picando no botón do menú superior denominado ‘Newsletter’, que permite solicitar o envío das noticias por dúas vías: ao correo electrónico ou ao lector de feeds que se prefira.
n
O subscritor ten a opción de elixir o idioma no que recibir o seu paquete de noticias -galego ou castelán- simplemente tramitando a subscrición desde a versión da web de Tecnópole correspondente.