n
n
Durante os próximos días os traballadores de Tecnópole comezarán a recibir pistas sobre o evento de celebración do vixésimo aniversario da entidade, que terá lugar o día 5 de outubro.
n
n
n
n
A pesar de que o encontro estará centrado na innovación aberta e os asistentes serán principalmente os responsables das empresas e centros situados no Parque Tecnolóxico de Galicia, mediante as accións que se levarán a cabo ao longo das próximas semanas búscase facer partícipes do aniversario aos máis de 1600 traballadores que cada día acoden aos seus postos no recinto.
n
nA xornada que conmemora os 20 anos de actividade do Parque Tecnolóxico de Galicia levará por lema ‘5 Sentidos para Innovar’ e a súa orixinal formulación mereceu o apoio da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (Fecyt), que a seleccionou como acción subvencionable no marco do seu Programa de Fomento da Cultura Científica e da Innovación.
n
nEntre os obxectivos deste encontro, cuxos detalles se irán desvelando ao longo das próximas semanas, están favorecer a innovación aberta, fomentar os proxectos colaborativos e estreitar a interrelación entre as empresas de Tecnópole para poder identificar alianzas baseadas na innovación. Por este motivo, algúns dos empresarios do Parque Tecnolóxico farán presentacións para dar a coñecer a súa actividade aos demais. Desde a semana pasada o persoal de Tecnópole traballa coordinadamente cos participantes para que o encontro cumpra os seus obxectivos.
n
nA finalidade desta iniciativa é conmemorar o vixésimo aniversario de Tecnópole mediante un encontro profesional que sobrepasa o ámbito meramente institucional, dotándose de contido útil e estratéxico para as súas empresas, co fin último de lograr resultados que teñan un incidente directo sobre o seu crecemento e a súa capacidade competitiva.