O departamento de proxectos de Tecnópole puxo en marcha, no marco do Programa de Cooperación entre Parques Industriais e Tecnolóxicos (COPIT), a elaboración dun catálogo que recollerá toda a oferta tecnolóxica das súas empresas para contribuír á súa promoción.
n
nTras a xornada de traballo celebrada a finais de outubro para presentar a segunda fase deste programa, coordinado en Galicia por Tecnópole, iniciouse unha intensa axenda de contactos para elaborar o informe no menor prazo posible e comezar a súa difusión entre as empresas dos polígonos industriais galegos, co fin de impulsar acordos comerciais e iniciar proxectos conxuntos.
n
nA información solicitada ás empresas do Parque Tecnolóxico de Galicia consiste na descrición de tres produtos ou servizos tipo que poden ofertar e que sexan representativos do seu sector, a descrición da maquinaria ou equipos avanzados cos que contan e a lista de patentes ou utilidades dos que dispoñen.
n
nO obxectivo final é fomentar o nivel de coñecemento por parte da industria galega da actividade empresarial que se realiza dende o Parque Tecnolóxico de Galicia, co reto de formular posibilidades que se adianten ás necesidades dos posibles socios comerciais.
n
nUnha vez recollidos os datos, o Departamento de Proxectos de Tecnópole porase en contacto con todas as empresas participantes co fin de validar a información e organizala con criterios sectoriais, para que a difusión sexa o máis dirixida posible.
- Home
- Actualidade
- Tecnópole pon en marcha a elaboración dun catálogo de oferta tecnolóxica das súas empresas para promocionala
Tecnópole pon en marcha a elaboración dun catálogo de oferta tecnolóxica das súas empresas para promocionala
- Venres 12 Novembro 2010