Tecnópole fará promoción activamente das súas incubadoras empresariais e os seus servizos de apoio ao emprendemento nas tres situacións que este ano acollerán o Día do Emprendedor.
n
n
nPor primeira vez, o evento, que chega á súa sexta edición, celebrarase en tres cidades: Lugo (18 de outubro), Ourense (20 de outubro) e Santiago (25 de outubro), co obxectivo de achegar aos empresarios de toda Galicia esta plataforma de referencia. O Parque Tecnolóxico de Galicia participará nas tres cidades con material promocional e na cita con Ourense a directora da entidade, Luisa Pena, fará unha presentación acompañada de Máximo Santás, director técnico de Volumétrika Media, que contará a súa experiencia como empresa incubada en Tecnópole. Ademais, na mesma mesa intervirá un representante da Cámara de Comercio para falar do viveiro que a institución ten no recinto de Tecnópole, acompañado tamén dunha das súas empresas, Licentia, Información e Investigación.
n
nA iniciativa está organizada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape e Bic Galicia en colaboración coa iniciativa ''Emprendemos Xuntos'' do Ministerio de Industria e Comercio e outras entidades que traballan para impulsar e facilitar a creación de novos negocios, fundamental nun contexto de crise.
n
nO programa deste ano inclúe itinerarios con relatorios e mesas redondas nas que se abordarán todos os chanzos do emprendemento, dende que unha persoa percibe que pode ter talento para emprender ata o desenvolvemento e consolidación da súa idea, pasando pola elaboración titorizada dun plan de empresa; dende o momento de dar os primeiros pasos ata chegar á internacionalización.
n
nAdemais contarase con actividades de dinamización, onde os novos emprendedores terán a oportunidade de entrevistarse con empresarios ou directivos de prestixio, e actividades lúdicas.
n
nPara máis información sobre o programa de actividades, noticias sobre relatores, talleres, etc:www.diaemprendedor.com
n
n(Fonte: Tecnópole)